22.10.08

Complicidade

Por certo, noutra orde de cousas, tamén me parece terrible que a edición impresa do mesmo xornal do post anterior lle dedique media páxina destacada e con foto a Galicia Bilingüe. A cousa non tería maior importancia se non soubesemos que ás iniciativas a favor do galego a prensa galega adoita envialas a unha miserable patiña na sección de cultura, cando ese privilexio lles concede. Na linguaxe universal, esa actitude mediática chámase complicidade.

Ningún comentario: