Domicilio virtual de Fran Alonso

Biografía e obra literaria de Fran Alonso

Elixe a túa lingua / Choose your language / Elige tu idioma

[ galego, español, português, italiano, catalá, english, deutch, polski]
Older Post Home

e-mail

CONTACTO

Foreign rights

Agencia Gu-ru

Os libros de Fran Alonso

Loading...

INDICE WEB

  • Biografía e obra literaria
  • O meu gato é un poeta
  • Espectáculo poético-musical «O meu gato é un poeta»
  • Os libros de Fran Alonso
  • ¿Por que comecei a escribir?
  • Descarga «Contesta ou disparo» en pdf ou epub
  • A miña escrita
  • Recursos didácticos
  • Fran Alonso fala dos seus libros
  • Persoal
  • Fran Alonso recita os seus poemas
  • Poema "Galicia", de Subversións
  • A videoteca de Fran Alonso
  • Participa, opina, comenta

Languages

  • Languages / Linguas / Idiomas
  • Galego
  • Español
  • Português
  • Italiano
  • English
  • Catalá
  • Polski
  • Deutch

Recursos didácticos dos libros de Fran Alonso

Recursos didácticos dos libros de Fran Alonso
Picar na imaxe

FOTOS de Fran Alonso

  • Album de fotos de Fran Alonso
  • Fotos en alta de Fran Alonso
  • Charlas en centros de ensino
  • Portadas dos libros
  • Actividade pública

Entrevistas con Fran Alonso

Entrevistas con Fran Alonso

Críticas e recensións de todos os libros de Fran Alonso

Críticas e recensións de todos os libros de Fran Alonso
Picar na imaxe para acceder

Falando dos seus libros

Loading...

ESTUDOS SOBRE FRAN ALONSO

  • Arquivo web de estudos
  • Vocabulario cosmofrán (referencias e autoreferencias na obra de Fran Alonso) e as súas implicacións na tradución ao polaco de «Males de cabeza», por Joanna Wlodarczyk
  • A busca de intertextualidade na tradución de «Males de cabeza» de Fran Alonso, por Joanna Wlodarczyk
  • Vigo: Ciudad serpiente. Ciudad del corazón (Vigo na obra literaria de Fran Alonso), por Carmen Mejía Ruiz

NINGUÉN EN TWITTER

NINGUÉN EN TWITTER

O meu gato é un poeta en Twitter

O meu gato é un poeta en Twitter
Picar na imaxe

CARTAS DE AMOR en Twitter

CARTAS DE AMOR en Twitter
Picar na imaxe

A ARAÑA E MAIS EU en Twitter

A ARAÑA E MAIS EU en Twitter
Picar na imaxe

Poetízate en Twitter

Poetízate en Twitter
Picar na imaxe

Os libros de poemas de Fran Alonso en Twitter

Os libros de poemas de Fran Alonso en Twitter
Picar na imaxe

Cidades en Twitter

Cidades en Twitter
Picar na imaxe

O brillo dos elefantes en Twitter

O brillo dos elefantes en Twitter
Picar na imaxe

Males de cabeza en Twitter

Males de cabeza en Twitter
Picar na imaxe

Cemiterio de elefantes en Twitter

Cemiterio de elefantes en Twitter
Picar na imaxe

O BLOG DE FRAN ALONSO

  • Cabrafanada (blog)
    Curta de animación - Alma from Rodrigo Blaas on Vimeo.
    1 week ago

CADERNO DE VISITAS

  • Deixa a túa opinión

Fran Alonso en Twitter

Fran Alonso en Facebook

Perfil de Fran Alonso
Perfil de Facebook de Fran Alonso.

AS VOCES DE FRAN ALONSO

AS VOCES DE FRAN ALONSO
  • Fran Alonso en mp3
  • Voces de Fran Alonso en Goear

A videoteca de Fran Alonso (recital)

Loading...

DESCARGA «CONTESTA OU DISPARO»

DESCARGA «CONTESTA OU DISPARO»

Fran Alonso en enlaces externos

  • AELG (Fran Alonso)
  • Fran Alonso na BVG
  • Fran Alonso en S.O.L.
  • Las afinidades electivas

Ollos da cidade

  • O documental
  • (Documental sobre a poesía de Fran Alonso e Kiko Neves)
  • Ollos da cidade 1 (enlace)
  • Ollos da cidade 2 (enlace)
  • Ollos da cidade 3 (enlace)
  • Ollos da cidade 4 (enlace)
Loading...

Fran Alonso en MySpace

Fran Alonso en MySpace
Picar na imaxe

Fran Alonso en Scribd

Fran Alonso en Scribd
Picar na imaxe

View my profile on  

Subscribe To Cabrafanada

Posts
Atom
Posts
Comments
Atom
Comments
Blog Information Profile for Cabrafanada

DOMICILIO VIRTUAL EDICIÓNS

DV
Ir a Domicilio Virtual Edicións
free counters
Free counters
Free counter and web stats
Free counter and web stats
Aínda que non o lembro, nacín en Vigo, en 1963. E dígoo, porque sería sensacional que me lembrase de tan decisivo acontecemento para a miña historia persoal. Efectivamente, nacín en Vigo e son urbano de condición, aínda pasei os primeiros cinco anos da miña vida na aldea de meu pai, no concello de Crecente, e todas as fins de semana de venres a luns até que tiven 14 ou 15 anos. Ademais, até ben pasada a adolescencia, a miña vida tamén estivo ligada á vila mariñeira de Baiona (hoxe turística), onde residían os meus avós maternos e á cotianidade e oficios do mar, algo sobre o que xa teño escrito nalgunha ocasión. Até chegar á universidade, pasei por catro ou cinco centros de ensino; dalgúns gardo bos recordos e outros prefiro esquecelos. O meu profesor de latín no bacharelato, cunha capacidade envexable de insuflar autoestima, sempre me dicía que eu nunca sería nada na vida. Tiña razón. Por iso escribo. Son licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, e sempre desenvolvín o meu labor profesional nos ámbitos do xornalismo e da edición. Tamén cursei estudios de posgrao en Literatura Infantil e Fomento da Lectura durante dous anos na Facultade de Ciencias da Información de Cuenca. Formei parte da redacción do Diario 16 de Galicia e desde 1992 traballo en Edicións Xerais de Galicia, onde na actualidade son Subdirector para a Edición Xeral. Desde 2006 son vicepresidente da Asociación Galega de Editores. Do meu traballo editorial, gústame salientar a etapa en que dirixín a colección de poesía Ablativo Absoluto, que actuou como motor de propulsión da poesía dos 90. Como xornalista, en 1996 presentei un breve espacio dedicado aos libros na televisión local de Vigo, dentro programa de variedades conducido por Fernando Franco. Durante varios anos fun colaborador habitual da sección de opinión do diario La Voz de Galicia, posteriormente escribín para o suplemento Luces de El País; desde 2001 colaboro no semanario A Nosa Terra, no que sempre me sentín moi cómodo. Na rede, manteño desde 2003 o blog Cabrafanada, un dos pioneiros no ámbito cultural galego, onde vou deitando anécdotas, imaxes, opinións, vídeos, ideas e arroutadas, en moitos casos relacionados coa miña escrita. É o meu Cosmocaderno, e convídovos a visitalo. O máis importante que podo dicir de min é que eu son un tipo normal. Non, de verdade, dígovolo en serio. Eu son un tipo normal. Digo isto porque moita xente pensa que os escritores somos tipos raros, xente doutro mundo. Haberá quen sexan tipos raros, non digo que non. Ben, pois eu son un tipo normal. Un pouco despistado, iso si, pero normal. Gústame a literatura pero, a verdade, gústame moito máis a vida. Hai moitas cousas que me gustan, e a maior parte delas teñen que ver con gozar da vida. Apaixóname viaxar. Encántame ler no váter. E devezo polas noces con pan. Parecen estupendas banalidades, pero interésame moito a teoría do banal. Habería que escribir sobre iso. En canto aos premios, son importantes, pero creo que non definen a traxectoria dun escritor. En calquera caso, estou moi agradecido polos que recibín, que foron, entre outros, o Premio Blanco Amor de Novela Longa, o Premio Rañolas de Literatura Infantil e Xuvenil ao mellor libro do ano, o Premio Losada Diéguez de Creación Literaria e a distinción White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de Múnic. Como narrador publiquei Tráiler (1991), Cemiterio de elefantes (1994), Silencio (1995), O brillo dos elefantes (1999), Males de cabeza (2001) e Cartas de amor (2006). Abordei a biografía en A vida secreta de María Mariño (2007) e en “A voz que vén da seitura”, incluído no libro-idsco con DVD da Señora Carmen A flor dos meus anos (PAI Música, 2007). Abordei a poesía en Persianas, pedramol e outros nervios (1992); Tortillas para os obreiros (1996); Cidades (1997); Subversións (2001; e Balada solitaria (2004). Ademais, publiquei unha antoloxía da poesía galega, lúdica e desenfadada, dirixida á xente que non está afeita a ler poemas, titulada Poetízate (2006). Como xornalista, nun parto difícil, dei á luz Territorio ocupado (1998), unha crónica de literatura periodística sobre o conflicto saharauí, e Un país a medio facer (2008). Tamén viaxei pola Nicaragua asolada polo furacán Mitch, acompañado do fotógrafo Manuel G. Vicente, realizando diversas reportaxes. Os meus libros Cidades, O brillo dos elefantes, A vida secreta de María Mariño, Poetízate, Cartas de amor publicáronse en coleccións destinadas ao público infantil e xuvenil, igual que o álbum ilustrado A casa da duna (2002), realizado en colaboración co fotógrafo Manuel G. Vicente. Son coautor da tradución ao galego do Polgariño (1995), de Charles Perrault e de A aventura sorprendente dun homiño moi valente, de Hans Traxler. O de viaxar é algo que me gusta moito, porque creo que me enriquece como persoa e como escritor e, sobre todo, satiface a miña curiosidade e estimúlame a interpretar o mundo desde a miña capacidade creativa. Ao viaxar, non son un tipo nada mirado. Disfruto tanto dun bo hotel como de pasar a noite nunha tenda de campaña e quedar a durmir sobre a herba, mirando as estrelas (non é para inspirarme, porque inspirarme, o que se di inspirarme fágoo moito mellor cheirando o aceite mesto e pastoso da señora Lola, que fai tortillas para os obreiros). Por certo, xa que estamos, direi que eu non creo que a poesía sexa ese xénero estúpido e bucólico no que un se inspira co arrencendo das flores na primavera. Para min a poesía é profundamente subversiva, flexible como o chicle, e ten propiedades diuréticas; alivia porque é un magnífico tranquilizante sen prospecto. En doses altas, crea adicción ou alerxias. A súa capacidade subversiva ou as súas reaccións alérxicas permítenme lanzar unha ollada interpretativa e crítica sobre o meu tempo, do que son fillo inexcusable. E isto é válido para toda a literatura. Con repecto á literatura, teño que confesar que escribir un libro e saber que mo vai ler alguén é unha experiencia profundamente gratificante. E resulta evidente que son as lectoras e os lectores os que lle dan vida aos libros con cada lectura. Así que a todas elas e eles, grazas por facerme posible como escritor. Ademais, como escritor, teño que estarlle profundamente agradecido aos que escribiron libros nos que eu puiden ler e gozar. A capacidade da literatura para subverter a realidade é unha das cousas máis milagrosas e gozosas do mundo. No mundo, por certo, hai demasiadas cousas que me desagradan. Aínda vivimos nun planeta vergoñento, dominado pola infamia, a inxustiza, a discriminación, os intereses económicos, destrución, a especulación, o egoísmo, a pobreza, a dor, a intolerancia, o fanatismo, o machismo, o racismo, a violencia, a guerra. Parécenme profundamente perversas aquelas persoas que fan prevalecer os seus intereses particulares por enriba dos da comunidade. Eu creo que a literatura nos axuda a ser mellores persoas e a comprender moito mellor este mundo en que vivimos (e, seguramente ese é o principal motivo polo que eu mesmo escribo), o que, en definitiva, é moito, moitísimo. Por iso no podo compartir a opinión de aqueles escritores e escritoras que alegan que a grandeza da literatura está na súa gratuidade. A aprenhensión do mundo que nos proporciona a literatura (como lectores ou como escritores) é de tal magnitude que supera, na miña opinión, cualquera tipo de gratuidade.
Simple template. Powered by Blogger.