Aínda que non o lembro, nacín en Vigo, en 1963. E dígoo, porque sería sensacional que me lembrase de tan decisivo acontecemento para a miña historia persoal. Efectivamente, nacín en Vigo e son urbano de condición, aínda pasei os primeiros cinco anos da miña vida na aldea de meu pai, no concello de Crecente, e todas as fins de semana de venres a luns até que tiven 14 ou 15 anos. Ademais, até ben pasada a adolescencia, a miña vida tamén estivo ligada á vila –daquela, mariñeira– de Baiona, onde residían os meus avós maternos...
Ler a autobiografía completa: na web ou en pdf.
Fran Alonso, fotografías persoais