26.12.08

Somos un país, normal. ¿Somos un país normal?

Un país normal. Na procura dun país normal. ¿Somos un país normal? ¿Qué un país normal? ¿É anormal buscar a normalidade? ¿Cal é a normalidade dun país pouco normal?
Esas interrogantes que fai Vieiros e ás que eu tamén intentei darlles resposta son algunhas das formulacións que eu plantexo para o debate en Un país a medio facer.
Somos un país, normal. Normal, somos un país. ¿Algún portugués se pregunta se Portugal é un país normal? ¿É normal que nolo preguntemos nós? E, sobre todo, ¿eramos menos normais hai vinta anos ca hoxe? Na foto, sacada do meu libro, Cid Cabido e mais eu hai case vinte anos.


2 comentarios:

  1. Anónimo7/1/09

    Son case as catro da mañá, a culpa de que hoxe trasnoite é toda súa comecei a ler este país a medio facer e non puiden deixalo ata que o rematei. Ainda é hoxe o día no que non me explico por que non foi xornalismo a miña primeira escolla porque iso de ser protagonista dos cambios do país e poder contalo ten que ser marabilloso. Os meus parabéns polo libro e a ver se dentro de 10, 20 anos xa está o país feito.

    Un saúdo e moi bo 2009

    ResponderEliminar
  2. Anónimo7/1/09

    Grazas besbe. Polo menos non durmiu vostede pero parece que lle gustou. Se non fose así, pesaríame ser un defraudador.Grazas, eu tamén espero por ese país feito (ou feitiño, mellor).

    ResponderEliminar