31.5.08

Entrevista a Joaquim Arenas (2)

Continúo extractando a entrevista a Joaquim Arenas.


En Cataluña existen certos grupos contrarios á inmersión. ¿Cal é a súa importancia?
—Non se pode falar de núcleos. Son un certo número de persoas, absolutamente minoritarios, que conectaron con estes círculos intelectuais reaccionarios da capital do estado, que descubriron que certos medios de comunicación da capital os recibían cos brazos abertos, e que dispoñen dun certo asesor xurídico cunha historia proverbial contra o catalán. O preocupante non é, polo tanto, que existan estes grupos, que teñen dereito a existir, e que se queren o ensino en castelán na primeira ensinanza débeno ter, como di o estatuto, senón que o problema está en que estes grupos tiveron unha resonancia desproporcionada nesa prensa que antes citei, e isto supuxo dar unha imaxe de Cataluña absolutamente equívoca.


Se cadra hoxe en día convén afondar no espírito de superación do bilingüismo.
—O bilingüismo, dito así, bilingüismo en español, non lle interesa a ninguén. Tan só ós que o defenden. ¿Por que? Porque neste tipo de bilinguismo considérase que tódalas comunidades que teñen lingua propia han de ter bilinguismo unidireccional cara ó castelán. Daquela, cando se fala de bilinguismo en español debemos esquecer este termo. Se falásemos de bilinguism en catalán, a cousa cambia, porque nós entendemos o bilingüismo como coñecemento de linguas: desexamos ser plurilingües, como os europeos. O que busca o bilinguism é bo. Pero o bilingüismo pretendido é un engano. A miña opinión persoal é que cómpre abandonar o concepto bilingüismo, que está caduco. Habemos construír un futuro plurilingüe partindo dunha lingua como punto de referencia, que sexa de cultura e expresión, básica, e que tódalas demais dependan desta lingua. Dito doutra maneira, e para que se entenda ben, hemos ser monolingues coa aprendizaxe doutras linguas. Así e todo, que conste que isto é unha reflexión persoal que eu non aplico no meu traballo.

29.5.08

Entrevista a Joaquim Arenas

No ano 1994 fíxenlle unha entrevista, para a Revista Galega de Educación, a Joaquim Arenas, daquela director do Servicio do Ensino do Catalán da Generalitat e responsable do proceso de inmersión lingüística. Algúns anos despois, coincidín con el nunha viaxe do Bureau Européen pour les Langues Moins Répandues que nos levou ao sur de Italia, a unha zona en que se fala unha lingua chamada griko, zona á que acudiamos como observadores.
Hoxe, reproduzo parcialmente en Cabrafanada aquela entrevista porque me parece de moito interese e actualidade para a situación do galego no ensino. O discurso da inmersión lingüística segue a ser dunha grande consistencia teórica e pedagóxica.


¿En que consiste a inmersión lingüística?
—A inmersión lingüística é o metodo de aprendizaxe precoz polo cal un neno aprende unha segunda lingua, na cal é educado e instruído. A inmersión constitúe un proxecto didáctico de ensino da lingua, proxecto que é bilingue, e polo tanto ten cabida nel, en certa proporción, a lingua do fogar para nenos de lingua dominante.

¿Por que a inmersión lingüística vai dirixida precisamente ós nenos castelán-falantes?
—Porque os castelán falantes son os únicos alumnos que ó se incorporaren ó ensino en Cataluña non coñecen o catalán. Os demais alumnos, de familia catalano parlante, coñecen o catalán e o castelán, e polo tanto non ten sentido aplicarlles a inmersión lingüística para ningún dos dous idiomas, nin para o catalán nin para o castelán. A realidade idónea da inmersión é a do descoñecedor do idioma, e a súa aplicación non é exclusiva do catalán: a inmersión serve para o francés, para o inglés, etc.

¿Cales son os obxectivos da inmersión?
—O obxectivo da inmersión é que o neno consiga unha competencia lingüística e comunicativa que lle permita desenvolverse canto antes tanto na lingua nova como na lingua familiar que xa coñece e que tamén activa na escola.

¿Que tipo de didáctica se aplica na inmersión lingüística en Cataluña?
—Fixemos unha grande aportación a como debía facerse a inmersión. Formamos mestres, asesores, especialitas para a inmersión, publicamos unha bibliografía e material que supera os 150 libros, cada vez máis riguroso. Todo isto constitúe a grande aportación que fixo a inmesión catalana á inmersión universal.
Elaboramos un programa amplo, vasto, con variantes importantísimas, como a súa propia promoción: explicar o programa. É trascendental que un concelleiro calquera, por exemplo, saiba en que consiste un programa de inmersión, como se vai aplicar, que factores o compoñen, como tamén é trascendental darlles información e formación técnica ós mestres e proporcionarlles un asesoramento lonxitudinal ó longo de todo o curso, ou informar ós pais e facerlos partícipes deste programa que é un proxecto educativo para os seus fillos. Tratábase de concienciar a tódolos implicados.
A avaliación anual dos coñecementos dos nenos e os estudios de rendemento puntual de lóxica matemática, de catalán e castelán cada tres ou catro anos son outra particularidade importante do programa. Ademais, a inspección informa anualmente sobre o rendemento dos programas en concreto, polo tanto cremos que é un programa que ten as suficientes garantías, base científica e modelo didáctico abondo como para obter os resultados que obtén.

¿Na escola prodúcese unha comunicación fluída entre os rapaces e os mestres durante a inmersión lingüística?
—No método de inmersión é imprescindible a comunicación neno-mestre. A importancia desa comunicación vén dada porque o mestre fala unha lingua que o neno non sabe. Pero a lingua non é a única vía de comunicación: existen estratexias que se basean sobre todo na afectividade, na mímica, ou que utilizan certos tipos de expresións e frases en catalán moi simples e semellantes ó castelán, para que o neno entenda. Pois ben, tamén practicamos unha estratexia que consiste en usar un elemento foráneo á clase. Para esta estratexia disponse dun títere, ou dun animal de peluche, ou dun calcetín en forma de gusano. Ese boneco intervén cando existen necesidades apremiantes de comunicación e exprésase en castelán, na lingua do neno. A mestra faino falar en castelán cunha voz diferente, comentando co neno aquilo que en catalán non entendía. Trátase dunha estratexía moi simple pero dunha grande productividade pedagóxica. ¿Por que non llo pode dicir directamente a mestra en castelán? Pensa que no programa de inmersión se produce un cambio da lingua da casa por unha lingua da escola, que para o neno é segunda. Pero na escola a segunda do neno é a primeira, e a primeira do neno é a segunda. Existe un cambio de lingua e daquela hai que evitar que se produza unha disfunción na comunicación. Se o mestre falase en castelán o neno despistaríase, porque a virtude do programa de inmersión consiste precisamente na contextualización. O mestre sempre fala en catalán, e o neno non, o neno vai facendo pouco e pouco o seu proceso adquisitivo e, cando lle parece, introduce unha palabra en catalán. Normalmente, ó cabo de ano e medio comeza a falar en catalán. Pero sen que ninguén lle diga nunca que fale en catalán.

Nese sentido, a inmersión é un método pedagóxico moderno.
—Como inversión educativa éo, pero o sistema en bruto é unha obra de ofebrería, porque se foi perfeccionando e ten unha base científica colosal, baseada en estudios –non en hipóteses senón en teses confirmadas da psicolingüística, da pedagoxía, da socioloxía– e tamén baseada nos resultados obtidos. E, sobre todo, baseada na metodoloxía aplicada que son as didácticas. Pero o principio de inmersión xa se aplicaba en tempos dos romanos, que tiñan escravos gregos para que pasasen o día acompañando ós seus fillos e lles falasen en grego, porque así aprendían unha lingua, o grego, que tiña un prestixio cultural superior ó do latín. Polo tanto alí practicábase unha inmersión. E cando eu era un neno –antes de saber que existía a palabra inmersión– observaba procesos de inmersión que se practicaban en Cataluña cos nenos de familias burguesas, que tiñan as súas mademoiselles, as súas miss, as súas fräulein que os acompañaban e lles falaban no idioma correspondente de cada unha. E os nenos axiña distinguían cando se tiñan que referir a elas en inglés, francés ou alemán. Ora ben, unha cousa é programa de aprendizaxe de linguas caseiro, e outra cousa diferente é a planificación dunha educación que se sirve da inmersión lingüística.

25.5.08

Filminho

Estupenda, esta iniciativa que nace dos remuíños culturais do río Miño, a cabalo entre Tomiño e Vilanova de Cerveira. O Filminho, un festival de cinema galego e portugués que se celebrará no próximo mes de xullo en territorios fronteirizos, é unha iniciativa que pretende fomentar a creatividade e que merece aplausos. Ao tempo, o Filminho daralle abeiro ao concurso Conta onde vives, promovido pola incasable iniciativa de Ponte nas Ondas, co obxectivo de promover novamente a Candidatura á UNESCO do Patrimonio Inmaterial galego-portugués. O incansable equipo de Santiago Veloso, ademais, acaba de sacar á luz un novo proxecto (compartido con Casa de Tolos), unindo nun fermoso vídeo as voces musicais de nenos e nenas galegos e portugueses ás de Guadi Galego e Vozes da Rádio. Pódese descargar o vídeo en alta resolución, unha versión para o móbil e a canción en mp3.

22.5.08

Lingua

Reproduzo extractos de distintos artigos de opinión que publiquei, en varios medios de comunicación e en distintos anos, en defensa da lingua galega.

Sexamos francos; a sociedade galega non se preocupa demasiado polo futuro da súa lingua. O da lingua, nin é un tema socialmente importante nin está nas cavilacións da maior parte dos cidadáns. E, á marxe dos pronunciamentos politicamente correctos, os últimos traballos de investigación (e, sobre todo, unha simple ollada á sociedade) demostran esa apatía dos galegos e galegas con respecto á sorte da súa lingua. (...)

No ámbito político prodúcese un feito dobremente perverso. Por unha banda, os partidos de configuración estatal autoexclúense da promoción e defensa da lingua galega, e déixanlle ao nacionalismo o campo libre. Por outra, e en consecuencia, o nacionalismo tende a unha perigosa patrimonialización do galego. Nestas circunstancias, os cidadáns acaban por asumir que hoxe a lingua, que pertence á identidade cultural de todos os galegos e galegas e non ten ideoloxía (as linguas non a teñen), é unha cuestión que só lle afecta ás persoas que se identifican politicamente co nacionalismo.

2002



Os responsables políticos do novo Plan de Normalización Lingüística insisten reiteradamente en que o galego ten que ser unha lingua “amable”. Eu, por suposto, estou convencido de que ningunha política lingüística pode ser nunca plantexada en termos de confrontación; e tamén sei, como filólogo, que as linguas, salvando os tópicos, non poden ser “amables”, pois esa é unha cualidade humana da que as linguas carecen. Potencialmente, todas as linguas son exactamente iguais e somos as persoas as que lles imprimimos os nosos valores e as nosa ideoloxía. Pero xa que se insiste tanto na necesidade desa “amabilidade” do galego, quixera dicir que a min, como galego-falante, me gustaría observar tamén a personificación da amabilidade na outra lingua, o castelán, coa que convivimos día a día, por veces invandínonos espacios aos galego-falantes que non existen para a lingua galega. (...)

Así que, se puidese sumarme a esa equivocación de atribuirlle cualidades humanas a unha lingua, diría que me gustaría que o castelán fose máis amable comigo, por exemplo, no ámbito da banca; ou no ámbito xudicial; ou no ámbito da informática; ou cando a publicidade me apabulla en castelán, incluso na TVG; ou cando vexo que ninguén se atreve a presentar o seu currículo vitae en galego por medo a ser rexeitado no mercado laboral; ou cando só atopo vídeos e DVDs en castelán pero non en galego para as miñas fillas. (...)

2004


A lingua galega está hoxe no momento se cadra máis delicado da súa historia. Aínda que exista un marco legal que a favoreza, a realidade só mostra este rostro tanxible: unha velocísima perda de falantes. (...)

Ante todo, faise imprescindible cambiar o discurso, tensionándoo cando sexa preciso, e modificar a percepción social sobre a normalización lingüística para establecer unha acción positiva decidida e compensatoria con respecto ao castelán. E logo, planificar con imaxinación, solidez e coordinación un deseño global de actuación que reinvente unha política lingüística creativa e innovadora, que procure modelos exitosos noutros lugares, e que non esqueza avaliar resultados (o que nunca se fixo anteriormente). Unha nova política lingüística, con ser vertical, debe procurar a implicación social, asociando a lingua galega á sociedade multilingüe do futuro, ás novas tecnoloxías e, sobre todo, ao ensino, que é onde se dirime a auténtica batalla do futuro da nosa lingua.
Do que se trata, en definitiva, é de aplicar unha política comprometida, moderna, eficaz e coherente. Só así evitaremos, como galegas e galegos, ser cómplices dese mundo culturalmente homoxéneo que nos ameaza.

2005



A cambiante e nova posición do PP con respecto ao decreto do galego no ensino é profundamente perversa: primeiro din que si a un decreto que leva a impronta dos cambios que eles mesmos propuxeron e logo empregan a lingua como arma electoral de enfrontamento e crispación. E, por se fose pouco, subverten o discurso, acusando ao goberno da Xunta de crear o conflito. A posición do PP é dunha hipocresía enorme, porque a política educativa da época de Manuel Fraga (decreto 217/95) non logrou nin por aproximación garantir o mesmo dominio das dúas linguas por parte dos estudantes galegos, que era o que se pretendía. Aquel decreto establecía a cifra de referencia do 30% do ensino galego e, en consecuencia, quedaba o 70% para o castelán. Durante todos os seus longos anos de goberno, o PP impuxo a falacia do «bilingüismo harmónico», e nunca se preocupou de denunciar a evidente imposición do castelán, cuxa superioridade no ensino era esmagadora. Agora que o actual decreto establece unha cifra de referencia do 50% do ensino en galego, entón si, o PP denuncia a imposición lingüística do galego a través dunha mensaxe manipuladora, falsa e perversa.
O curioso é que o PP actúa en contra dos propios dereitos lingüísticos dos seus votantes tradicionais, galegofalantes, a fin de dar acubillo a un novo e minoritario sector urbano acomodado que é moi belixerante contra o galego e profundamente insolidario coa situación desventaxosa en que viven os galego-falantes.

2007

18.5.08

Xuntanza blogueira

O vindeiro 31 de maio haberá unha Xuntanza de blogueiros en Agolada (Pontevedra) no singular recinto Os Pendellos. Eu probablemente non poida asistir, porque teño ocupado ese día, pero a iniciativa merece ser divulgada. Toda a información pode lerse no blog Xuntanza.

11.5.08

Blogpoemas (2): Carlos Drummond de Andrade

Dou luz a unha nova tradución, que tamén realizara hai algún tempo: dous poemas de Sentimento do mundo, de Carlos Drummond de Andrade, un dos poetas máis recoñecidos do ámbito lusófono. Por certo, o seu poema "No medio do camiño" preside e inspira Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro.





Elexia 1936


Traballas sen alegría para un mundo caduco,
onde as formas e as nacións non ofrecen ningún exemplo
Praticas laboriosamente os xestos universais,
sentes calor e frio, falta diñeiro, fame e desexo sexual.

Heroes enchen os parques da cidade en que te arrastras,
e preconizan a virtude, a renuncia, o sangue frío, a concepción.
Á noite, se poalla, abren paraugas de bronce
ou recóllense aos volumes de sinistras bibliotecas.

Amas a noite polo poder de aniquilamento que encerra
e sabes que, durmindo, os problemas te dispensan de morrer.
Mais o terrible espertar proba a existencia da Gran Máquina
e devólvete, diminuto, ante indecifrables palmeiras.

Camiñas entre mortos e con eles conversas
sobre cousas do tempo futuro e asuntos do espírito.
A literatura estragou as túas mellores horas de amor.
Ao telefono perdeches moito, moitísimo tempo de sementar.

Corazón fachendoso, tes presa por confesar a túa derrota
e adiar para outro século a felicidade colectiva.
Aceptas a chuvia, a guerra, o desemprego e a inxusta distribución
porque non podes, ti só, dinamitar a illa de Manhattan.



Poema da necesidade

É preciso casar a Xoán,
é preciso soportar a Antón,
é preciso odiar a Melquíades,
é preciso sustituirnos a todos nós

É preciso salvar o país,
é preciso crer en Deus,
é preciso pagar as débedas,
é preciso mercar unha radio,
é preciso esquecer a fulana.

É preciso estudar volapuque,
é preciso estar sempre bébedo
é preciso ler a Baudelaire,
é preciso coller as flores
das que falan vellos autores.

É preciso vivir cos homes,
é preciso non asasinalos,
é preciso tener manos pálidas
é precisa a FIN DO MUNDO.


6.5.08

Internet asedia a prensa escrita

A través do correo electrónico e da man dun excelente xornalista e escritor recibo esta interesante reportaxe sobre a influencia da rede na prensa diaria.

AFP 05-05-2008
Tras 90 años de vida, The Capital Times, diario vespertino de Madison, Winsconsin (noroeste), tiró la toalla ante la caída de lectores: acaba de vender sus rotativas para convertirse en un diario sólo para Internet. Ante la caída de sus ventas, que bajaron a menos de la mitad de lo que vendía en los años 70, el Cap Times decidió el pasado fin de semana adelantar su desaparición de los quioscos para cambiar de forma y de tamaño: reducirá su personal de 60 a 40 empleados." El director de la publicación, Clayton Frink vaticina un cambio que afectará a la mayoría de las publicaciones: "Queremos ir un poco más rápido, un poco más lejos y esta tendencia está en todas partes". La decisión radical que conmovió a la prensa estadounidense ilustra el declive de los periódicos en Estados Unidos, donde los lectores cada vez más prefieren informarse gratuitamente por Internet. Cientos de diarios en todo el país sufren la caída de sus ventas y de la demanda publicitaria por sus páginas.
Los diarios viven una hemorragia financiera, que el éxito de los sitios de Internet está lejos de compensar, porque los anuncios en Internet a día de hoy son baratos y no representan más que el 7% de sus ingresos publicitarios totales, según Newspapers Association of America (NAA). Aunque el aumento de audiencia en Internet aumentará en un futuro inmediato los ingresos en este campo, según The Interactive Advertising Bureau (IAB) Internet superará los ingresos publicitarios de la televisión en Reino Unido y Suecia durante el próximo año, una tendencia que se extenderá puesto que el mercadoo publicitario online es el que más crece, de hecho durante 2007 la publicidad en la Red creció en España un 55,4%.

El descenso en la venta se acelera; los diarios han disminuido sus ventas en un 3,6% en el transcurso de los seis últimos meses en EE UU, según la Bureau of Circulation, tras una bajada del 2,6% en los seis meses anteriores. Todos los grandes diarios se han visto afectados, salvo los dos primeros tabloides nacionales, USA Today y Wall Street Journal, que venden más de 2 millones de ejemplares y ganaron cerca del 0,3%. Pero los otros grandes nombres de la prensa diaria escrita no han logrado dar vuelta la pisada. The New York Times y The Angeles Times, tercero y cuarto, han visto caer sus ventas un 3,9% y un 5,1%, respectivamente.