18.2.09

A política lingüística, no CIS

Os resultados da enquisa do CIS (Centro de Investigaciones Sociológicas) refrendan os dunha enquisa anterior, publicada polo diario Público, cuxas conclusións descataban que a actual política lingüística era unha das cuestións máis valoradas polos galegos e galegas entre todo o traballo realizado polo goberno bipartito. A nova enquisa, esta vez do CIS, dálle lexitimidade á política de igualación dos dereitos lingüísticos para o galego e o castelán. Por coherencia, a nova debería ser amplamente recollida na prensa galega, tendo en conta o espazo que os medios de comunicación lle dedicaron a un conflicto lingüístico anteriormente inexistente e agora fomentado por Galicia Bilingüe, asociación, por certo, que debe considerar unha cuestión estratéxica que a súa dirección asuma labores de comentarista(s) "anónimo(s)" (ver o primeiro comentario do artigo de opinión enlazado), empregando tamén o meu blog para expresarse.
A responsabilidade dos medios de información debe apuntar agora inequivocamente que cómpre darlle ampla cobertura a unha noticia tan excelente coma esta para este país e para a convivencia pacífica que sempre nos caracterizou con respecto ao emprego da lingua.

1 comentario:

  1. Por desgraza acho que ese resultado é comparábel ao que acadan as concellarías de festas ou de turismo nas cidades. Son temas que se valoran ben ou moi ben pero aos que non se lle concede ningunha importancia do punto de vista da xestión política.

    ResponderEliminar