30.8.10

Vídeo promocional para o turismo en Vigo

Vídeo elaborado polo Concello de Vigo a principios deste verán para promocionar o turismo. A cidade vese moi pouco en favor dos fondos mariños. Creo que falta orgullo de urbe.

23.8.10

Desconectado

Durante 20 días permanecín absolutamente desconectado do mundo e, desde logo, do país. Pasei 20 días lonxe de Galicia, sen ler a prensa habitual, sen entrar en ningún dos portais habituais da rede, sen ler o meu correo electrónico, e coa axuda de Cabrafanada, que funcionou sen min, autoprogramada. Magnífico.
Cando viaxo no verán, sempre fóra do país (condición indispensable para que a desconexión sexa total) nunca leo a prensa galega (nin sequera pola rede) e cando estou no estranxeiro nin se me ocorre mercar prensa española. Só leo a prensa dos lugares que visito. Ademais de axudarme a unha integración máis rápida no lugar que visito, para min, resulta un sanísimo hábito de desintoxicación psicolóxica. A miña ruptura coa cotianidade é absoluta. E aprezo moitísimo ese illamento, que me revitaliza. Agora, de regreso.

2.8.10

Camioneiros

Desde que escribín Tráiler hai xa case ¡vinte anos! o mundo do camión mudou moito e as novas tecnoloxías entraron tamén nas cabinas dos camións. Este é o vídeo dun camioneiro de Oviedo que vai gravando as súas viaxes e logo as mete en youtube, onde ten unha canle.