27.12.11

«Transición», o meu novo poemario

Ao abrigo de Transición amarran poemas que erguen a voz e loitan, versos que non esquecen nin un só nome, poemas de sombras, de fuel; pero tamén poemas que xogan a ser música, que desfán as sílabas en compases, xogo que Fran domina con delicia, e tamén poemas onde o lector percorre a casa, os ruídos das portas dos veciños, poemas con vistas a ese Vigo que se deita como un animal adormecido. Transición é un libro de moitas caras pero, sobre todo, de moitas falas. 

 Por iso eu recomendo, se se me permite, ler Transición sempre con voz, pronuncialo en alto, porque  é un poemario que pide saír pola boca. É para ler en pé no cuarto ou sentado baixo as sombras dunha tarde no xardín, pide chegar coma un fío recitado para os amigos fronte ao mar, para o amante no leito, para os condutores dos vitrasas, para as mulleres que berran os nomes dos peixes nas prazas. Transición quere a vida e non dubida en pedila a berros.

maríalado

Transición é un poemario que contén un CD con poemas na miña voz e na de María Lado.

26.12.11

Vídeo da presentación de «Ninguén» no Culturgal

Redelibros, a rede social galega do libro, publicou o vídeo da presentación de Ninguén no Culturgal, na que participamos a xornalista Belén López e mais eu.

21.12.11

Cambiará Internet o noso xeito de ler e triunfará a microliteratura?

Foro de Fervenzas Literarias (1)
O encontro que mantiven durante uns días con lectores e lectoras de Ninguén, respondendo ás preguntas que me facían, obrigoume a algo que me gusta facer e para o que case nunca teño tempo: reflexionar sobre a literatura e sobre como entendo eu o feito creativo. E obrigoume a facelo en voz alta; é dicir, escribíndoo. Como non son moitas e como é un tipo de reflexión que me comprace, por se pode ser de interese para alguén máis, vounas ir reproducindo en Cabrafanada.


—Cando dis que "«Ninguén» tamén é un intento de abordar e asumir esas novas formas de expresión (e de ficción) que están aparecendo en Internet e que no futuro" cres que no futuro cambiará o xeito de ler tal e como o coñecemos dende agora? que se imporán unhas lecturas tipo facebook e twitter e microliteratura polo estilo? Están en peligro de extinción esas novelas de 500 e 600 páxinas, por exemplo?
Gracias polo teu tempo.

EusebioM. 
 
—Ola Eusebio:
Eu creo que o xeito que temos de ler, con Internet, xa está cambiando. O correo electrónico, os hipervínculos na rede, as páxinas web, os foros, as roldas de correo e, proximamente ou xa mesmo, o ebook están mudando a forma en que abordamos a lectura, que é moito máis vertical, moito máis selectiva, moito máis transversal, en xeral menos profunda, e se sitúa no plano da literacidade electrónica. Ademais, vivimos nun mundo en que a lectura é moito máis complexa, porque leva mensaxes ocultas, porque hai que saber interpretar o contexto, porque as palabras son forzadas ata que perden o seu valor, etc. É dicir, que ademais hai que ler entre liñas. Nese sentido, hai un libro sensacional de Daniel Cassany, que nos abre os ollos con todo isto e explica moi ben como temos que ler hoxe en día. Está publicado en Anagrama e titúlase «Tras las líneas. Sobre la lectura contemporánea».
Evidentemente, eu creo que isto vai determinadar tamén novos hábitos e formas de abordar a escrita, a ficción, e vaina condicionar e en ningún caso pode ser inocente. Eu intento navegar, desde a creación, nesa nova realidade, entre eses novos retos, aínda que coa conciencia de que pertenzo a unha xeración que naceu na cultura do papel e que, daquela, só vai poder asumir moi parcialmente ese cambio. Ese será un cambio que chegará protagonizado polas xeracións máis novas, que non terán que facer un esforzo de adptación, como é o meu caso, senón que o asumirán de xeito natural. Ora, non se trata tanto de que facebook ou twitter condicionen a extensión da escrita, que non creo que iso suceda, porque seguirá habendo ficción con todo tipo de extensión, senón máis ben que as novas plataformas de escrita e lectura van conlevar novas formas de expresión que se levarán á literatura. En calquera caso, se cadra dentro duns anos facebook nin sequera existe e perde o peso que ten hoxe. Nestes momentos é unha rúa moi concurrida, pero na rede todo dá a volta rapidamente. Non me refiro tanto a esas redes sociais concretas como en xeral ás novidades que a rede, que é unha realidade brutal e incipiente para a ficción e para a lectura, vai imprimir na forma de asumir o proceso creativo.
Un saúdo.

19.12.11

Cabo Verde afundiuse no mar, Cesária


«A vida, agora, citoume alí, na procura de mellor sorte. Mañá meterei esta carta nunha botella e botareina ao mar de Ponta do Sol. É a nosa despedida, Zé. Despedímonos de ti. Marcho cos teus fillos. E eu, coma ti, tampouco volverei. Para min, Cabo Verde afundiuse no mar. Adeus para sempre, Zé».


«Sodade», para a viaxe máis longa, a que non ten retorno, a da perda definitiva.


As voces da África máis intimista, sensual e contemporánea, con Salif Keitia e Cesária Évora.


Ceumar, que lle ofreceu ao público de Uxía este tema no fermoso concerto da Universidade, remata evocando a Cesária.



Pero a voz quente da Mae Velha quedará eternamente connosco, sempre disposta ao regreso.

15.12.11

17 de decembro, A Coruña e Vigo, día Lugrís


Recibo de Xurxo Souto, esta mensaxe trasatlántica, á que lle engado o programa de A Nave das Ideas:

17 de DECEMBRO, A CORUÑA E VIGO, DÍA LUGRÍS
A Coruña e Vigo son a mesma cidade. Así nolo di co seu talento a pintura de Urbano Lugrís. Dous pontóns de amarre no mesmo océano.
Para significar unha vez máis esta revelación, o vindeiro sábado 17 de decembro celebrarase –simultaneamente- en Vigo e na Coruña a Acción Urbano.  Xornada cívico-bohemia, en honra do gran mestre.
O Orzán, o Berbés e un único manifesto en botella polos camiños do mar a prol da creatividade e da arte galega.
Sábado 17 de decembro. Percalinópolys e Xouba City ( isto é A Coruña e Vigo na terminoloxía do pintor) unidas outra vez pola vida, pola bohemia, polo talento abisal de Urbano Lugrís profeta do atlantismo.

A CORUÑA
O fato de enxarmantes da Coruña autedonimámonos "IN NAVE CIVITAS"  ( por su posto ti es membro de honra). Imaxinamos un acto en catro tempos:
1.  Ás 20 horas: “Obradoiro submarino”. Xuntanza no palco da música de Méndez Núñez para decorar paraugas con debuxos de peixes. Así, se chove, facemos da necesidade virtude.                                                                                    
Saída  da manifestación atlántica presidida, con toda pompa e esplendor,  polo son dos gaiteiros “Os Vicentes de Elviña”.
2.  "Camarote Lugrís". Intervención  pictórica rápida na rúa  Mantelería, diante do recanto que ocupaba o estudo de Lugrís.
3. "Balada do Porto de Os". Estrea no Borrazás, café moi querido por Lugrís, dunha rapsodia insipirada no poema do mesmo nome, composta por Marcos Aboal e Lourenzo Castro.
4.  Na Coiraza do Orzán, lectura e lanzamento -en botella- do manifesto, dirección ribeira do Berbés.


VIGO
DESCRICIÓN BREVE DA HOMENAXE
O acto que será conducido en Vigo pola Nave das Ideas está previsto para a xornada do 17 de decembro como unha forma de reclamar un día das Artes Galegas. Dividimos a xornada en dúas partes diferenciadas.

Xornada matutina.
- Roteiro Urbano Lugrís. 
Da man de Carlos L. Bernárdez organizamos un roteiro pola cidade de Vigo que nos levará por lugares de importancia na vida e na obra de Lugrís. Durante o percorrido realizaranse paradas estratéxicas (Pinacoteca, Ribeira de Vigo, etc.) para finalmente rematar coa lectura do manifesto no límite do peirao da cidade onde se botará unha botella ao mar como feito simbólico. 

Xornada Vespertina
Conferencia e xornada multidisciplinar
Na nave das ideas non queremos adecuarnos a unha homenaxe formal na que, logo do roteiro, gabamos a figura de Urbano Lugrís nunha conferencia. Nós queremos algo máis. É por iso que preparamos un completo programa que agardamos poida dar un enfoque moito máis amplo e fondo.

Nas instalacións do museo vigués do Verbum crearemos un espazo no que terán lugar de xeito simultáneo os seguintes actos:
- Conferencia do pintor Antón Patiño e Carlos L. Bernárdez arredor da figura de Urbano Lugrís.
- Exposición de reproducións de cadros de Lugrís.
- Creación artística a cargo do grupo Amálgama
- Poesía urbana. Hip-Hop a cargo de AÍD
- Recital sobre Urbano. A cargo de María Lado, Ledicia Costas e Lara Domínguez.

13.12.11

A protesta que presentei onte contra o Valedor do Pobo

Onte á noite interpuxen unha queixa no Valedor do Pobo (a través deste enderezo de internet: http://www.valedordopobo.com), que quero facer pública e reproducir aquí:


Cal é o motivo da súa queixa?
O MOTIVO DA MIÑA QUEIXA É O RECENTE DICTAME DO VALEDOR DO POBO A FAVOR DA PROTESTA PRESENTADA POR PEDRO LARRAURI, COORDINADOR DE UPyD EN VIGO, REFERIDA AO LIBRO DE TEXTO DE VICENS VIVENS DE 5º DE PRIMARIA. ESE DICTAME NON RESPECTA O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA NO PUNTO ONDE DI QUE "O GALEGO É A LINGUA PROPIA DE GALICIA" E, ENTENDENDO QUE O VALEDOR DO POBO NON IGNORA UN FEITO TAN OBVIO,  RESULTA EVIDENTE QUE ESE DICTAME FAVORABLE SE FIXO AÍNDA SABENDO QUE O DEMANDANTE NON TIÑA RAZÓN.
XA QUE LOGO, PRÉGOLLE QUE RECTIFIQUE A SÚA DECISIÓN, PIDA DESCULPAS Á EDITORIAL E AOS CENTROS DE ENSINO AFECTADOS E PROCEDA, EN CONSECUENCIA, A SOLICITAR (E, NESTE CASO, EXECUTAR)A INMEDIATA DESTITUCIÓN (DIMISIÓN) DO VALOR DO POBO; É DICIR, A SÚA PROPIA.
COMO PAI E COMO DEMANDANTE, ASEGÚROLLE QUE TEÑO UNHA FILLA EN IDADE ESCOLAR EN 5º DE PRIMARIA QUE UTILIZA ESE LIBRO DE TEXTO E NON QUERO BAIXO NINGÚN CONCEPTO QUE SE LLE CENSURE UN FEITO QUE RECOÑECE O PROPIO ESTATUTO GALEGO: "O GALEGO É A LINGUA PROPIA DE GALICIA". POR PARTE DO VALEDOR DO POBO, ESTA RESOLUCIÓN CONSTITÚE UN ACTO DE CENSURA EXECRABLE. PROCEDA, POR FAVOR, COA MIÑA DEMANDA.


Contra que órgano da Administración da Comunidade Autónoma, Concello, entidade ou empresa pública desexa presentar a súa queixa?:
CONTRA O VALEDOR DO POBO

Poña aquí calquera outro dato que considere de interese:
O VALEDOR DO POBO VÉN DEMOSTRANDO DÍA A DÍA A SÚA INTOLERANCIA COS DEREITOS DOS GALEGO-FALANTES A TRAVÉS DAS SÚAS RESOLUCIÓNS. ESTE FEITO DEBE SER TOMADO COMO ANTECEDENTE DA RESOLUCIÓN CÓMPLICE COA PROTESTA PRESENTADA POR PEDRO LARRAURI, COORDINADOR DE UPyD EN VIGO.


12.12.11

«Ninguén» convertido en «Libro Sagrado» na India

Un lector de Ninguén a quen no coñezo persoalmente fíxoche chegar estas fotos do meu libro, que sacou nunha viaxe recente á India. As fotos son simpáticas, exóticas e fermosas e contemplar o meu libro Ninguén, como obxecto, pousado en paisaxes urbanas ou en mans de persoas nunha xeografía tan distante é unha satisfacción pracenteira e insólita. Desde Cabrafanada, quero darlle ás grazas á persoa que mas enviou, xa que non o puiden facer persoalmente.
 

8.12.11

A disposición dos lectores de «Ninguén» no foro de Fervenzas Literarias

Recentemente, a páxina sobre cultura e literatura galega Fervenzas Literarias renovou a súa web. Nesa nova etapa que iniciaron, solicitáronme que estivese, durante 20 días, a disposición dos lectores e lectoras que queiran facerme preguntas sobre Ninguén. Xa que logo, quedo a disposición de todas aquelas persoas que o desexen, para contestar a todas as cuestións que queiran plantexarme, ata o 22 de decembro. O foro de Fervenzas Literarias pódese consultar neste enlace.
Nestes primeiros días, respondín un par de preguntas que se poden ler no propio foro.

30.11.11

Espectáculo poético musical «O meu gato é un poeta» no Culturgal

O MEU GATO É UN POETA
O próximo domingo 4 de decembro, ás 18, 30 horas, Xurxo Souto e mais eu realizaremos no Cuarto dos Nenos do Culturgal o espectáculo poético musical «O meu gato é un poeta».

O escritor Fran Alonso e o músico Xurxo Souto presentan o espectáculo poético musical «O meu gato é un poeta», dirixido a nenos en nenas a partir de 4 anos e tamén a adultos. Durante as sesións, a poesía convértese en maxia, en música, en xogo e soa o acordeón.

NINGUÉN
Un par de horas antes, tamén Culturgal e no recinto central (Salón), terá lugar a presentación, a xeito de conversa ou entrevista, entre a xornalista Belén López e mais eu sobre Ninguén. Será ás 16,30 horas e durará 20 minutos.





28.11.11

Culturgal: conversa coa xornalista Belén López para presentar «Ninguén»


O próximo domingo 4, no marco do Culturgal e no recinto central (Salón) terá lugar unha presentación, a xeito de conversa ou entrevista entre a xornalista Belén López e mais eu sobre Ninguén. Será ás 16,30 horas e durará 20 minutos.

O ESPETÁCULO DE «O MEU GATO É UN POETA»
Logo, ás 18,30 h., Xurxo Souto e mais eu realizaremos o espectáculo poético-musical O meu gato é un poeta no Cuarto dos Nenos do Culturgal.




25.11.11

Enlaza Vigo: contra a violencia de xénero

Hoxe, 25 de novembro, participarei ás 11 da mañá no acto que organiza o Consello Municipal da Muller e da Concellería de Igualdade de Vigo no Día Internacional contra a Violencia de Xénero e que consistirá nunha cadea humana para denunciar e concienciar a sociedade sobre a violencia de xénero.
Na cadea humana vanse colocar 600 siluetas de muller, en representación e homenaxe ás vítimas da Violencia de Xénero que se contabilizan desde 2003 en España, segundo datos do Ministerio de Igualdado. Deste xeito simbólico, preténdese facer visible a traxedia que representa o terrorismo machista. Enlaza Vigo está presente nas redes sociais a través de twitter e facebook.

 Reproduzo a continuación o texto que escribín para as redes sociais de Enlaza Vigo:


A violencia de xénero é un dos actos máis cobardes, miserables, malvados e indignos de cantas atrocidades existen no século XXI.

O maltratador aseméllase a unha serpe velenosa que muda a pel en función do momento ou da persoa que teña diante. Ás veces loce a súa pel violenta, ruín, impasible e destrutora, pero outras veces móstrase amable, conciliador e condescenciente.

No fondo, a súa cobardía é xigantesca, porque é a dun home acomplexado. A sociedade deber ser intolerante cos seus comportamentos. Eu, Ti. Nós. Todos. Todas. Que non te engane. Que non nos engane. Non sexamos cómplices.

Como home, estes individuos fanme sentir vergoña allea. Cos maltratadores, permisividade cero, condescendencia cero.





21.11.11

Fai dano o Actimel?

Fai dano o Actimel? Nunca che chegou un correo electrónico asegurando que o Actimel non é bo para a saúde porque produce L. Casei e con esa substancia o corpo deixa de fabricar defensas a medio ou longo prazo? É un hoax. Un bulo, unha mentira que circulou incansablemente por internet. Pero foi unha das que máis danos causou. Tanto, que a empresa propietaria da marca Actimel, Danone, se viu obrigada a deseñar toda unha estratexia de imaxe e desmentidos.

Quen crea os hoax? Por que? Esa é a investigación que leva a cabo na rede o escritor que protagoniza unha das historias de Ninguén.

Ao mesmo tempo, diferentes hoax vertebran todo o libro, establecendo un fío de conexión entre as distintos relatos.

_____________________________ 
Ninguén será presentado no salón do Culturgal o domingo 4 de decembro ás 16,30 horas cunha conversa entre a xornalista Belén López e eu. 
_____________________________ 

Nunca picaches con algún dos hoax que vertebran Ninguén? Non pensaches, hai anos, cando comezamos a usar o correo electrónico, que Nokia regalaba teléfonos móbiles? Non liches nalgún momento que as operadoras de telefonía ían comezar a cobrar polas chamadas perdidas? Non tiraches ao lixo un ficheiro .exe do teu ordenador porque supostamente contiña un virus? Non che chegou a noticia de que unha nena precisaba unha operación carísima e que por cada mail reenviado a familia recibía unha pequena cantidade para poder operalo? Tamén son hoax, historias de ficción que, cando as cremos, pasan a formar parte da nosa realidade. Son historias que a viralidade de Internet potencia incriblemente.

Os hoax circulan tamén por Facebook, comunmente disfrazados de cadeas de solidariedade. Pero tamén afectan á propia imaxe da rede social. Non viches iso no taboeiro?:
YA ES OFICIAL. LO ERA INCLUSO EN LAS NOTICIA. FACEBOOK EMPEZARÁ COBRAR DEBIDO A LOS CAMBIOS DE PERFIL NUEVOS. SI COPIAS ESTO EN TU MURO VUESTRO ICONO CAMBIARÁ A AZUL Y FACEBOOK SERÁ GRTIS PARA TI. PASAR ESTE MENSAJE, SI NO VUESTRA CUENTA SERÁ ELIMINADA SI NO PAGAS
Tamén é mentira, claro. Outros son máis directos e persiguen captar correos electrónicos ou datos persoais, como este:

Asunto: Se ha superado el límite de almacenamiento en su buzón
De: Bruce Wood
Fecha: 27 de septiembre de 2011 04:23:48 GMT+02:00
Para: Undisclosed recipients: ;

Se ha superado el límite de almacenamiento en su buzón

Usted no será capaz de enviar o recibir mensajes nuevos hasta que actualice su
e-mail de cuotas.
Copie el enlace de abajo y rellene el siguiente formulario para actualizar su cuenta.

http://server1.graceccnc.org/forms/use/samform/form1.html

Administrador del sistema
192.168.0.1
Os personaxes de Ninguén móvense nunha nova dimensión da relación social, unha relación mediatizada por barreiras invisibles, que non se ven, que non son tanxibles, pero que están aí, cada vez en maior medida. É o que lle sucede ao escritor do último relato; ou a Sara, que establece unha relación a través da rede; ou a S. Lonely, que ten que se enfrontar á despersonalización da tecnoloxía.
En calquera caso, todos os personaxes habitan tamén e, sobre todo, o mundo real, representado por un edificio, como metáfora do mundo, edificio no que as vidas dos veciños se perciben a través dunha ollada indiscreta, suposta e adiviñatoria. Un mundo que, en definitiva, é o noso.


17.11.11

O recuncho de Galicia de Fran Alonso: unha paisaxe íntima onde o tempo desafía a existencia

A web El rincón de Galicia, dedicada ao turismo, gastronomía e viaxes, publica unha entrevista comigo. A maiores, pedíronme que describise o meu recuncho de Galicia. Velaí vai.


  • Nome // Nombre: Fran Alonso* 
  • Naceu en // Nació en: Vigo 
  • É // Es: Son escritor vocacional desde que era un neno. A literatura foi sempre a miña viaxe máis profunda, a que máis me condicionou e cambiou /Soy escritor vocacional desde que era un niño. La literatura fue siempre mi viaje más profundo, el que más me condició y cambió.
Pouco queda xa deste 2011 no que se cumplen 20 anos da publicación de Tráiler, a primeira novela deste escritor galego: Fran Alonso. Unha novela, por certo, que escribiu logo de viaxar en camión por España i Europa. Despois foi Cartas de amor,onde están presentes Filipinas, Cabo Verde, Senegal, Irak, Tinduf, Saraievo… Lisboa, Ámsterdam, Gales, Hamburgo, Galicia… están no seu libro Males de cabeza e Centroamérica en O brillo dos elefantes. No seu último libro, Ninguén, as viaxes convértense en virtuais.
Fran Alonso chega a Elrincondegalicia.com cos seus percorridos (tanto literarios coma presenciais) pero, sobre todo, para falarnos do seu lugar en Galicia, do seu Recuncho. Para Fran viaxar é “Unha necesidade, un xeito de estar no mundo. Tamén viaxo para aprender i escribir”. Como medio de transporte prefire “Para chegar, o antes posible. Unha vez alí, os transportes públicos son esenciais para tomarlle o pulso á sociedade que queres coñecer. Algunhas das máis interesantes viaxes que fixen foron en camión”.
Coméntanos que tivo viaxo moito só mais, agora, prefire compartir a viaxe “Compartir sempre ten un engado especial”. Di Alonso que o turista ten que ser respectuoso e déixanos un lema “Pasar desapercibido”

Poco queda ya desde este 2011 en el que se cumplen 20 años de la publicación de Tráiler, la primera novela de este escritor gallego: Fran Alonso. Una novela, por cierto, que escribió tras viajar en camión por España y Europa. Después fue Cartas de amor, donde están presentes Filipinas, Cabo Verde, Senegal, Irak, Tinduf, Sarajevo… Lisboa, Ámsterdam, Gales, Hamburgo, Galicia… están en su libro Males de cabeza y Centroamérica en O brillo dos elefantes. En su último libro, Ninguén, los viajes se convierten en virtuales.
Fran Alonso llega a Elrincondegalicia.com con sus recorridos (tanto literarios como presenciales) pero, sobre todo, para hablarnos de su lugar en Galicia, de su Rincón. Para Fran viajar es “Una necesidad, una manera de estar en el mundo. Tamén viajo para aprender y escribir”. Como medio de transporte prefiere “Para llegar, lo antes posible. Una vez allí, los transportes públicos son esenciales para tomarle el pulso a la sociedad que quieres conocer. Algunos de los viajes más interesantes que hice fueron en camión”.
Fran Alonso nos comenta que viajó mucho solo pero, ahora, prefiere compartir el viaje “Compartir siempre tiene un encanto especial”. Dice que el turista tiene que ser respetuoso y nos deja un lema “Pasar desapercibido”



O FRAN ALONSO TURISTA 

EL FRAN ALONSO TURISTA


-Da súa nenez lembra aquela viaxe a // De su niñez recuerda aquel viaje a… Aos Pirineos aragoneses, a ver nevar // A los Pirineos Aragoneses, a ver nevar.
-A última que realizou foi a // En cambio, el último que realizó fue a… A Roma, hai un mes e medio. Dentro de 15 días** marcho a Lisboa, unha cidade cativadora. Por Galicia viaxo constantemente // A Roma, hace un mes y medio. Dentro de 15 días** me voy a Lisboa, una ciudad cautivadora. Por Galicia viajo constantemente. 
-Unha música para esa última viaxe // Una música para ese último viaje… O Nabucco de Giuseppe Verdi. Ardía Italia con ese tema // El Nabucco de Giuseppe Verdi. Ardía Italia con ese tema. 
-Agora mesmiño ímonos… Cara onde? // Ahora mismo nos vamos. ¿Hacia dónde? A Grecia, a Islandia, a Namibia, á Patagonia. A tantos lugares! // A Grecia, a Islandia, a Namibia, a la Patagonia. ¡A tantos lugares!
-Na maleta só caben 5 obxectos // En la maleta sólo caben 5 objetos… Un bolígrafo, un caderno e tres libros // Un bolígrafo, un cuaderno y tres libros.
-Onde aloxamos? // ¿Dónde nos alojamos? Depende. A min gústame moito a casa rural, pero non no centro de Berlín. Tamén frecuento hoteis, apartamentos alugados a través de internet e… unha iglú que che permita deitarte mirando as estrelas? // Depende. A mí me gusta mucho la casa rural, pero no en el centro de Berlín. También frecuento hoteles, apartamentos alquilados a través de internet y… ¿un iglú que te permita acostarte mirando las estrellas?
-Que plans temos? // ¿Qué planes tenemos? Para min, o principal descanso é o psicolóxico. A maior parte das miñas viaxes conlevan unha ruptura que provoca ese descanso. Polo demais, a fondo! // Para mí, el principal descanso es el psicológico. La mayor parte de mis viajes conllevan una ruptura que provoca ese descanso. Por lo demás, ¡a fondo!
-Nunca voltaría a // Nunca volvería a… Ao Campo de Prisioneiros do Tarrafal, en Cabo Verde, un lugar abandoado e asfixiante onde me sentín realmente mal // Al Campo de Prisioneros del Tarrafal, en Cabo Verde, un lugar abandonado y asfixiante donde me sentí realmente mal.
-Un destino imposible… Marte. Pero non me apetece nada // Pero no me apetece nada.-Un conto que recorde rindo // Una anécdota que recuerde riendo… Cando era un adolescente viaxaba moito eu só, coa mochila ao lombo. En COU, marchei só a Lisboa, durante as vacacións do Nadal, e no tren topei co meu profesor de literatura española no Instituto Santa Irene, que era X. L. Méndez Ferrín // Cando era un adolescente viajaba mucho solo, con la mochila a la espalda. En COU, marché sólo a Lisboa, durante las vacaciones de Navidad, y en el tren me encontré con mi profesor de literatura española en el Instituto Santa Irene, que era X.L. Méndez Ferrín.
-Pasou un mal momento en… cando // Pasó un mal momento en… cuando… En Alxeria, en 1986 cando, viaxando pola noite, nos detivo unha patrulla militar de soldados, totalmente borrachos, que nos expulsaron a punta de metralleta do furgón en que viaxabamos, encañonándonos mentres, dentro, roubaban todo o que querían // En Algeria, en 1986 cuando, viajando por la noche, nos detuvo una patrulla militar de soldados, totalmente borrachos, que nos expulsaron a punta de metralleta del furgón en que viajábamos, encañonándolos mientras, dentro, robaban todo lo que querían. 
-Para praia a de // Para playa la de… A da Ladeira, no Val Miñor. A dos Alemáns nas Cíes. A de Menduíña no Morrazo. A da Area da Secada na Illa de Arousa. A de San Francisco en Muros. Todas son algo miñas // La de la Ladeira, en el Val Miñor. La de los Alemanes en las Cíes. La de Menduíña en el Morrazo. La de Area da Secada en Illa de Arousa. La de San Francisco en Muros. Todas son algo mías…
-Por que vir a Galicia? // ¿Por qué ir a Galicia? Porque, para un turista intelixente, Galicia conserva ese encanto de posuír unha marcada identidade propia, unha paisaxe moi fermosa e patrimonio histórico, artístico e natural moi valioso // Porque, para un turista inteligente, Galicia conserva ese encanto de poseer una marcada identidad propia, un paisaje muy hermoso y patrimonio histórico, artístico y natural muy valioso.
-De aquí queda prohibido marcharse sen visitar // De aquí queda prohibido marcharse sin visitar… Unha boa librería. Sempre visito as librerías dos lugares aos que vou. E definen o lugar // Una buena librería. Siempre visito las librerías de los lugares a los que voy. Y definen el lugar.



O RECUNCHO DE GALICIA DE FRAN ALONSO // EL RINCÓN DE GALICIA DE FRAN ALONSO




A primeira hora da mañá, cando o sol ilumina desde o nacente, a luz que se deita sobre a foz é precisa, agarimosa coma un abrazo. A foz do Miñor é un espazo natural protexido. Se a felicidade absoluta existise ou tivese forma de paisaxe, estaría encarnada aquí, sen dúbida ningunha. Desde A Ramallosa ao Monte Lourido, camiño escoitando o chío das garzas, divisando patos salvaxes e gozando das atractivas metamorfoses intermareais que provocan os cambios entre a preamar e a baixamar. Contra o fondo, a áxil lingua de area da praia da Ladeira esténdese ansiosa para cinguir ese lugar onde o río e o mar se lamben mutuamente.
Á noitiña, coa posta do sol, a paisaxe ponse terriblemente africana; húmida e cálida e salvaxe ao tempo. A foz aseméllase a un espello líquido, enredando coas sutís apariencias dos xogos da luz. Antes de chegar ao pé do Monte Lourido, repouso na baranda do paseo, trazado con madeira sobre o chan, e deixo que o acougo dese momento imantado impregne os meus ollos. Podería permanecer así durante séculos e espertar noutro tempo.
Finalmente, opto por pasear arredor do Monte Lourido, ese lugar solitario e agreste, aínda que ferido por diversas ultraxes urbanísticas que lle provocou a soberbia. Aos pés do camiño ábrense os cantís, que van dar a praíñas diminutas ou se precipitan directamente sobre o mar. Por veces, a vista queda atrapada entre os piñeiros.
Máis adiante, a baía de Baiona descóbrese ante os meus ollos e os chíos das gaivotas anuncian o fresco arrecendo a salitre. O camiño traza unha fermosa circunferencia, coas Illas Estelas no horizonte e as Cíes detrás, que remata no areal de Praia América. Esa é unha das miñas paisaxes máis íntimas; unha paisaxe que anuncia, definitivamente, que o tempo está por riba da existencia.


A primera hora de la mañana, cuando el sol ilumina desde el naciente, la luz que se acuesta sobre la desembocadura es precisa, cariñosa como un abrazo. La desembocadura del Miñor es un espacio natural protegido. Si la felicidad absoluta existiese o tuviese forma de paisaje, estaría encarnada aquí, sin ninguna duda. Desde A Ramallosa al Monte Lourido, paseo escuchando el grito de las garzas, divisando patos salvajes y gozando de las atractivas metamorfosis intermareales que provocan los cambios entre la pleamar y la bajamar. Contra el fondo, la ágil lengua de arena de la playa de Ladeira se extiende ansiosa para alcanzar ese lugar donde el río y el mar se lamen mutuamente.
Al anochecer, con la puesta del sol, el paisaje se pone terriblemente africano; húmedo y cálido y salvaje al mismo tiempo. La desembocadura se parece a un espejo líquido, enredando con las sutiles apariencias de los juegos de la luz. Antes de llegar al pie del Monte Lourido, me detengo en la barandilla del paseo, trazado con madera sobre el suelo, y dejo que la tranquilidad de ese momento imantado impregne mis ojos. Podría permanecer así durante siglos y despertar en otro tiempo.
Finalmente, opto por pasear alrededor del Monte Lourido, ese lugar solitario y agreste, aunque herido por diversos ultrajes urbanísticos que le provocó la soberbia. A los pies del camino se abren los acantilados que van a dar a playitas diminutas o que se precipitan directamente sobre el mar. Por veces, la vista queda atrapada entre los pinos.
Más adelante, la bahía de Baiona se descubre ante mis ojos y los gritos de las gaviotas anuncian el fresco olor a salitre. El camino traza una hermosa circunferencia, con las Illas Estelas en el horizonte y las Cíes detrás, que acaba en el arenal de Praya América. Ese es uno de mis paisajes íntimos; un paisaje que anuncia, definitivamente, que el tiempo está por encima de la existencia.


*Fran Alonso concedió esta entrevista en lengua gallega.**La fecha indicada no se corresponde con la actualidad (la entrevista fue realizada hace algún tiempo)  




14.11.11

A policía de Quebec aterrada por unha vaca!

Vino o outro día en El progreso e pareceume un vídeo incrible presentando unha situación patética.
O progreso lévanos a isto?

A entrevista de María Solar no Zig Zag sobre «Ninguén»

Entrevistoume María Solar no Zig Zag para falar de Ninguén.
Está no minuto 13:37.
Logo tamén se inclúe unha reportaxe sobre as lecturas poéticas de Picaversos e outra sobre a novela Poñente, de Pere Tobaruela.

                                    

10.11.11

A entrevista sobre «Ninguén» no Eirado, de Pemón Bouzas

Entrevistoume Pemón Bouzas no seu programa Eirado para falar de Ninguén.
Está no minuto 18:16.


                                    

7.11.11

Un poema para o Samaín: O meu ghato ten medo

Os rapaces de 2º de Primaria do C. E. P. Sequelo de Marín están a traballar con O meu gato é un poeta tamén na rede, creando recursos didácticos ben interesantes. Estes días pasados botaron man do poema «O meu gato ten medo» para utilizalo na celebración do Samaín.




E logo publicaron os debuxos dos nenos e nenas en Picasa. Ademais tamén fixeron un fermoso traballo co «Poema das palabras con ele».
A finais de novembro terei o pracer de visitalos.




«A invisibilidade é unha estratexia que nos oprime»


5.11.11

Crónica dun problema anunciado

Faime moita graza esta escandalosa noticia que publicou onte La Voz de Galicia, acompañada destoutra:
«La construcción del edificio de viviendas preocupa a los vecinos que acabaron comprando allí sus viviendas. Las grietas en algunas paredes comenzaron a aparecer poco después de entrar a vivir. Denuncian que el edificio «sube y baja» en función de la época del año en la que se encuentren. Opinan que no se llevó a cabo un estudio geotécnico que asegurara el buen asentamiento de la estructura. El inmueble está construido a pocos metros del cauce del río Miñor, en una zona que es inundable. El Ayuntamiento otorgó la licencia en octubre de 2005 y al año siguiente otorgó otro permiso de obras complementario para la ampliar el proyecto e incorporar dos sotanos a mayores al inmueble de dos pisos».
E faime moita graza porque era a crónica dun problema anunciado. Eu mesmo escribía no ano 2006 en Cabrafanada o seguinte:
«Pouco máis adiante, observo varios coches detidos á beira da estrada, diante dun futuro edificio da construtora Fajo.O edificio aínda consta unicamente duns xigantescos muros de contención para os garaxes, obra na que levan traballando moito tempo, pero a través dos condutos de ventilación deses muros, a auga entra a grandes chorros, convertendo aquilo nunha xigantesca e impactante piscina. Matino no triste futuro de quen se atreva a mercar un piso nese lugar. (...)
En Gondomar, comprobo que o desbordamento é o habitual do río Miñor nos últimos anos: está anegado o parque da Coelleira, o Centro de Desenvolvemento Comarcal (a antiga sede do colexio Chano Piñeiro), e o parque onde está a restaurada ponte do Peto das Ánimas. Na Coelleira, a auga non alcanzou a zona dos xogos infantís, pero deixou a ponte de madeira no medio dunha lagoa. Entre Gondomar e A Ramallosa, o río está desbordado practicamente en todo o seu percorrido, nunhas zonas máis ca noutras. A presión urbanística dos edificios do casco urbano de Gondomar está a facer que os lugares de crecida natural do río se despracen cara a outras zonas, coas conseguintes inundacións que eses cambios provocan».

4.11.11

Hoax, Fidel Castro e correos en aberto

Acabo de recibir este hoax, que se refire á unha hipotética morte de Fidel Castro e a un suposto virus arrepiante que ata saíu na CNN. O curioso é que o recibín cunha listaxe enorme de correos electrónicos, do que é fácil supoñer o pouco precavida que aínda está a xente ante este tipo de bulos.


MUCHO CUIDADO CON UN CORREO QUE EMPEZO ANOCHE , SOBRE UN ANUNCIO DE  LA MUERTE DE FIDEL CASTRO DONDE PROMETEN MOSTRAR VIDEOS Y FOTOS SOBRE ESTE ACONTECIMIENTO.

APROVECHANDO  LA POSIBLE MORBOSIDAD  DE LOS SERES HUMANOS INVITA A ENTRAR A UN LINK ANUNCIADO POR DOS IMPORTANTES AGENCIAS DE NOTICIAS 

NOOOOOOOOO LO HAGAS

!!!!! AL HACERLO SE TE DESCARGARA UN MALWARE DISFRAZADO DE SOFTWARE LEGAL, ES UN POTENTE VIRUS ,LO ACABAN DE ANUNCIAR.

POR FAVOR, HACER CIRCULAR ESTE AVISO ENTRE AMIGOS, FAMILIA, CONTACTOS!!En los próximos días, deben estar atentos: No abran ningún mensaje con el archivo anexo  independientemente de quien se lo envíe.
 
Es un virus que 'abre' un puerto especifico de Windows que se ' Come ' todo el disco duro C de la computadora.

Este virus vendrá de una persona conocida que te tenía en su lista de direcciones.

Es por eso que debes enviar este mail a todos tus contactos. Es preferible recibir 25 veces este mensaje que recibir el virus y abrirlo.

Si recibes el correo llamado, aunque sea enviado por un amigo, no lo abras y apaga tu maquina inmediatamente.

Es el peor virus anunciado por CNN.

Un nuevo virus ha sido d descubierto recientemente que ha sido clasificado por Microsoft como el virus más destructivo que haya existido.

Este virus fue descubierto ayer por la tarde por McAfee.

Y no hay arreglo aun para esta clase de virus. 

Este virus destruye simplemente el Sector Zero del Disco Duro, donde la información vital de su función es guardada.

ENVIA ESTE E-MAIL A QUIENES CONOZCAS COPIA ESTE CORREO A UNO NUEVO Y MANDALO A TODOS TUS AMIGOS Y RECUERDA : SI LO ENVIAS A ELLOS , NOS BENEFICIAS A Todos

2.11.11

«Non cambia só a tecnoloxía, cambiamos nós con ela»

Recollo da edición viguesa de La Voz de Galicia unha entrevista que me fixo Begoña R. Sotelino.


«Non cambia só a tecnoloxía, cambiamos nós con ela»

O escritor vigués retrata na sua última novela as novas relacións que xurden na sociedade da comunicación

Fran Alonso (Vigo, 1963) fixo a súa estrea na literatura gañando o Premio Blanco Amor de Novela con Tráiler. Pasaron vinte anos desde o seu debut e neste tempo afianzou a súa carreira con cinco novelas, outros tantos poemarios, un libro de relatos e dous álbums ilustrados para nenos. Agora ven de publicar a súa última novela, Ninguén, que edita Xerais.

-A obra aborda as relacións sociais actuais, mediatizadas polas novas tecnologías da comunicación. ¿Parte da súa propia experiencia, de algo que lle parasa cos bulos (hoax), por exemplo?
-Ninguén non nace da miña relación con eles, pero, ¿quen non se tragou algunha vez unha desas historias de mentira que circulan por Internet? Ás veces son tan boas que, mesmo estando prevenido, fanche dubidar. Interesábame moito esa capacidade de Internet para converter a ficción en realidade. Pero creo que Ninguén parte, sobre todo, do que nos está a suceder a todos nós, aos cidadáns de hoxe, porque está mudando de xeito acelerado a nosa forma de relacionarnos sen que nos decatemos. Non cambia só a tecnoloxía, cambiamos nós con ela. E moito. Con todo, e aínda que a miña vida laboral hoxe está exclusivamente diante dunha pantalla, para as relacións sociais sigo preferindo a complicidade dunha mirada e a calidez dun café.

-¿Como se relaciona vostede coas novas tecnologías, está en Facebook, tuitea? ¿Que lle parece todo este entramado de banalidades?
-Sempre sentín moitísima curiosidade e interese polas novas tecnoloxías. Creo que supoñen un potencial enorme para a comunicación. Fun dos primeiros escritores en ter blog e tamén dos primeiros en ter conta de Twitter. Con todo, creo que é preciso usalas e contemplalas con ollo crítico. É certo que hai moita banalidade, pero tamén é certo que conlevan unha capacidade de subversión inédita ata o de agora. Usémolas sen vanaglorialas. Sexamos conscientes do que son e non sexamos esclavos delas. A min interésame moitísimo Twitter e bastante menos Facebook.

-¿Ninguén é ademais un retrato dunha comunidade de vecinos del siglo XXI?
-Pode entenderse así, sen dúbida. Os personaxes de Ninguén constrúen unha metáfora do mundo, que se centra na comunidade de veciños dun edificio calquera como paradigma das novas formas de relación. En Ninguén, e na vida real, percíbese a veciñanza a través das apariencias, polo que escoitamos a través das paredes, nos ascensores, cos ruídos. En realidade é un tipo de relación mediatizada, que é o que caracteriza ao século XXI, á vida urbana e ás novas tecnoloxías: relacionámonos pero nunca directamente, sempre hai algo que se interpón entre as persoas que se comunican. O mesmo sucede hoxe co poder. ¿Quen manda no mundo? Hai estruturas invisibles que se interpoñen entre os que mandan e nós. ¿Quen lles coñece as caras aos que manexan esta crise?

-No libro recolle ducias de correos electrónicos. ¿Son reais?
-Si, algúns teñen pequenas modificacións e apliqueilles unha nova redacción, pero todos parten de correos electrónicos que circulan por Internet e conteñen historias que, en maior ou menor medida, causaron algún dano ou confusión ou pretenderon causalo.

-¿Xa lé en libro electrónico?
-Teño unha certa biblioteca de libros electrónicos, aínda que maiormente en pdf, que leo en pantallas diversas. Creo que os escritores hoxe temos que ler en todo tipo de soportes, pero estou convencido de que o futuro xogará a favor da lectura en rede e das pantallas manexables.

26.10.11

As inundacións de Gondomar, esta tarde

Estas son fotos das inundacións de Gondomar, esta tarde. O río desbordou co temporal e, ao subir a marea, o anegamento foi enorme, alcanzando coches e edificios. Mesmo houbo que rescatar algunhas persoas.



















24.10.11

A busca e traxectoria dunha imaxe para «Ninguén»

As cubertas son, case sempre, a primeira impresión que o lector ou lectora recibe dun libro. Xa que logo, preocúpame a imaxe que os meus libros poidan transmitir a primeira vista. Chegar ata a cuberta de Ninguén foi o resultado dun proceso.
A miña idea inicial era transmitirlle ao fotógrafo unha idea de cuberta en torno a unha imaxe, inequivocamente urbana, de «veciñanza despersonalizada», de «colmea», de comunidade anónima presentida detrás das barreiras arquitectónicas; unha imaxe que estivese acompañada dun elemento que remitise a un tipo de «comunicación mediatizada» pola construción humana, pola tecnoloxía. A partir desa idea e da colaboración co fotógrafo e amigo Manuel G. Vicente, con levo compartido moitas horas de amizade, de viaxe e de traballo (autor, ademais, de magníficas fotografías de arquitectura) agromou un primeiro e posible borrador de cuberta.

Pero non quedei convencido. A idea, o concepto, que lle transmitira ao fotógrafo era miña, pero non fora acertada. Rectifiquei. Visto o meu fracaso, agora pretendía optar por algo máis metafórico, algo moito máis impersonalizado pero tamén visualmente máis eficaz. Daquela, puxémonos a traballar simultaneamente. Manuel G. Vicente centrouse, pola súa conta e sen eu saber, en fotografar unha especie de túneles (que, en realidade, eran pequenos tubos) e eu, ao tempo, teimaba en cismar na miña idea da comunicación impersonalizada a través do teléfono móbil.

Entón, fíxenme unha foto a min mesmo coa webcam do meu Mac, cun casco na cabeza e falando co móbil, a fin de que o fotógrafo visualizase a miña proposta.
Era o que eu perseguía: a idea dunha comunicación difícil, case imposible ou, sobre todo, a idea dunha comunicación mediatizada, unha comunicación indirecta, que se lograba só superando barreiras complexas e que remitisen á contemporaneidade e se interpuxesen na canle tradicional de emisor-receptor (en definitiva, a urbe e as redes sociais) coas súas propias regras.


Finalmente, Manuel G. Vicente, a quen lle teño que agradecer a súa infinita paciencia comigo, envioume a nova fotografía con ese sorprendente sinal dunha parada de metro, e reforzamos a idea da comunicación a través das redes sociais incluíndo o logotipo de Facebook. A imaxe encandiloume. Era o que buscaba. Xa que logo, só quedaba engadir o elemento humano da devandita comunicación mediatizada: unha persoa falando a través do teléfono móbil co casco posto.

A partir de aí, a foto quedou conformada: o máis difícil estaba feito. O resultado final é o que está na cuberta de Ninguén: unha foto fermosa e metafórica da que me sinto orgulloso e ante a que non teño máis que palabras de agradecemento para o fotógrafo.

21.10.11

Tristeza

Onte, antes de saír de Vigo cara a Compostela, achegueime a unha librería nas Travesas, a recoller un libro que encargara. Eran as cinco e media da tarde e o sol batía con esa aparente inocencia do outono caluroso. Ao atravesar a Praza de América, tiven que romper unha columna de fume. Proviña dun asador de castañas, rexentado por unha muller nova, que estaba soa no posto. Na parte inferior, un letreiro grande berraba con letra solitaria: «18 castañas, 1 euro». E eu, que teño debilidade polas castañas asadas, mirei de esguello para aquel sol batente, que me facía suar e anulaba a miña apetencia. Ninguén parecía querer achegarse alí. Eu tampouco. Entón sentín unha inmensa tristeza por aquel solitario posto de castañas asadas e entendín o significado da crueza deste outono.

17.10.11

Historias e algúns fragmentos de «Ninguén» lidos por min

 Ata hai ben pouco era moi complicado coñecer a unha persoa sen que existise presenza física. Agora, en cambio, a importancia crecemente da rede nas nosas vidas converteuno en algo cotián. Ás veces, a relación virtual pode dar paso a un encontro real. Na rede, cadaquén constrúe o seu perfil ao seu xeito e conveniencia, e iso é algo que o contacto físico dificulta moito máis. Este fragmento de Ninguén pertence ao relato «Esperando», protagonizado por Alone. Pódese escoitar neste mp3 na miña voz.



 
O seguinte fragmento pertence ao relato «Vacacións» e dá conta dun tipo de persoas, construídas pola sociedade de consumo, cun alto grao de dependencia tecnolóxica, que viven ao ritmo do exceso de recursos que a nosa sociedade científica e tecnoloxizada lles ofrece. Son persoas que, sen eses recursos que os asisten na vida cotiá, se senten indefensas, vulnerables. Na equipaxe que S. Lonely prepara para marchar de vacacións pode intuírse, sen demasiado esforzo, ese tipo de dependencia.



Quen non se sentiu molesto ou molesta algunha vez polos ruídos dos veciños? En Ninguén, o edificio –e a comunidade que o habita– son tamén unha metáfora do mundo, de nós mesmos. Paragoxicamente, o protagonista desta historia séntese á marxe desa comunidade e reacciona mal aos ruídos escandalosos da súa veciña. A través das indiscretas paredes e dos inumerables ruídos que estas deixan pasar, intuímos o perfil invisible dos nosos veciños; con todo as propias paredes establecen unha relación velada, mediatizada. Intuímos moitas cousas das vidas alleas, pero... acertamos ou erramos?

16.10.11

Educación, que prefires?

Acabo de recibir este texto por correo electrónico e non me resisto a reproducilo.


Elige la opción que más te interese:
¿Qué prefieres?

  1. Cambiar TODAS las papeleras de la ciudad de Madrid (coste: 76 millones de €)
  1. Hacer que 3.300 profesionales sigan trabajando en la educación y no vayan al paro (coste: 80 millones de €)
 
¿Qué prefieres?

  1. Ver por todas partes en carteles que somos "la suma de todos" y que el metro de Madrid vuela (coste en 2011: 111 millones de €)
  1. Mantener una red de educación pública que pueda dar a TODOS la oportunidad de prepararse y llegar hasta donde quieran (coste: 80 millones de €)
¿Qué prefieres?
  1. Destinar dinero público a los que más lo necesitan (aulas de compensación educativa, desdobles para los alumnos con más problemas, departamentos de orientación que ayudan a alumnos con situaciones complicadas, aulas de enlace para alumnos que llegan y no conocen el idioma ...) (coste: 80 millones de €)
  1. Destinar dinero público a los que más tienen (desgravación fiscal para las familias que llevan a sus hijos a colegios PRIVADOS) (coste: 65 - 90 millones de €)
¿De verdad crees que quitan recursos a la escuela pública para ahorrar dinero?
¿Aún piensas que la crisis es la causa de los recortes en la escuela pública? Si así fuese, ¿te has preguntado por qué no recortan también de la privada?

No te dejes engañar, en Madrid están intentando acabar con la Educación Pública para todos e imponer la Educación Privada para unos pocos, ¿LO VAS A PERMITIR?
DIFUNDE ESTE E-MAIL Y ACUDE A LAS MANIFESTACIONES, RECUERDA QUE TUS HIJOS SERÁN LOS PRINCIPALES AFECTADOS.
PUES COMO EN MADRID EN TODAS PARTES...

12.10.11

Raianas: volve Malvela

Volven as Malvela, co seu novo CD Raianas. Este é un vídeo reportaxe sobre o noso traballo musical destas mulleres de Mos.

10.10.11

Internet, mentiras, bulos, ficción, realidade ou... de que vai o meu libro «Ninguén»?

Un dos maiores atrevementos da narrativa contemporánea de última hora é ese acerto de habitar os territorios indefinibles e movedizos –e transitorios– entre a ficción e a realidade, entre a fábula e o tanxible, entre ilusión e a certeza; ese territorio que nas propostas narrativas máis avezadas se está a mesturar ata límites que destrúen completamente o noso concepto tradicional de ficción.

Falaba hai uns días, en Cabrafanada, de Anatomía dun instante, de Javier Cercas, un ensaio ou unha crónica (que non se sabe) que pode ser lida e intepretada como unha novela. E é que é unha novela. O Premio Xerais de Novela do 2010, Periferia, de Iolanda Zúñiga, tamén leva ao límite a construción dunha novela na que a ficción ten unha presenza mínima. O propio Javier Cercas abordara anteriormente ese tipo de indagación en Soldados de Salamina, incluíndose a si mesmo na propia novela, algo que fixeron máis recentemente o vasco Kirmen Uribe e o galego Cid Cabido. Aínda que, para min, son seguramente os narradores franceses os que falan con máis acerto desta tendencia, tamén hai algo en todo isto de retorno a Norman Mailer, a Capote, a Tom Wolf, aínda que con parámetros do século XXI e pasados por unha óptica posmoderna e fragmentaria.

Ao tempo, as lendas urbanas, o que nós tradicionalmente coñecemos como lendas urbanas, que levan moito tempo circulando especialmente pola nosa tradición oral, apoiáronse sempre nese xogo confuso entre realidade e ficción (e nos recursos da oralidade) para garantir a súa verosimilitude.

Precisamente agora, coa aparición das novas tecnoloxías e no contexto cibernético, a rede (e os videoxogos) potenciaron ata límites incribles esa confusión entre realidade e ficción e, en consecuencia, as lendas urbanas (das que os hoax forman parte, en boa medida) medraron a través desa nova prodixiosa vía que é Internet, botando man de novos recursos e da viralidade e facéndonos crer a todos que é verdade algo que realmente é mentira.

Ben, pois esa confusión provocada polos hoax constitúe o punto de partida desde o que se artella Ninguén.

Ninguén explora as os efectos, a través da rede, desa confusión cotiá entre ficción e realidade, narrando ou evidenciando situacións sobre as relacións humanas en contexto urbano que tamén teñen que ver coa nosa cotianidade de internautas e que nos acaban afectando a todos. Eis, en definitiva, uns puntos centrais do debate na narrativa contemporánea. E, ao tempo, explora os cambios das relacións humanas á luz da urbe e da tecnoloxía e sometidas a esas realidades.

O que sucede en Anatomía dun instante é que ese libro converte a realidade en ficción (a ficción aprópiase da realidade para facela súa sen modificala). Pero o que sucede na rede, pola contra (que é precisamente o que explora Ninguén), é que se converte a ficción en realidade (a realidade aprópiase da ficción para facela súa).

Iso é precisamente o que caracteriza eses hoax (bulos, mentiras) que a tod@s nos chegan continuamente aos nosos correos electrónicos ou á nosa páxina de Facebook. E cos que, nunha ou noutra ocasión, inevitablemente, picamos.

Os hoax, e as súas historias, conforman a columna vertebral de Ninguén.