5.5.11

Espectáculo poético-musical «O meu gato é un poeta» en Gondomar o próximo sábado, comigo e con Xurxo Souto

O próximo sábado 7 de maio, ás 12,00 horas da mañá, a librería Libraida de Gondomar acollerá o espectáculo poético-musical O meu gato é un poeta dirixido a nenos e nenas de 4 anos en diante e tamén, por suposto, a adultos, no que participarei eu e o músico e tamén escritor Xurxo Souto. Durante a sesión, a poesía convertirase en máxia, convertirase en música, convertirase en xogo e soará o acordeón. A foto é do mesmo espectáculo na Feira do Libro de Compostela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario