18.6.12

As visitas aos centros de ensino

Rematei, aínda esta semana, a derradeira visita, por este curso, a distintos centros de ensino para falar dos meus libros ou para realizar algún dos meus espectáculos de animación poética. Non levei a conta do número de centros visitados, pero abofé que foron moitos, atravesando Galicia de punta a punta. Se cadra, o máis esgotador para min, pero tamén o máis divertido e enriquecedor, é que compartín esas visitas con rapaces e rapazas de niveis moi distintos, desde a aulas de infantil, a Primaria, ESO ou Bacharelato. En moitos centros, destaca a visiblemente a implicación do profesorado, que é tan loable que merece un aplauso. A maiores, sobre os meus libros realizáronse numerosos traballos, desde tests, lims, múltiples anotacións nos blogs, vídeos diversos, creación literaria e reescrita a partir de poemas dos meus libros, debuxos, manualidades, etc., ata as propias visitas. Todos eses recursos, por suposto, van ou iranse incorporándose pouco a pouco á miña páxina de recursos didácticos.
Xa que logo, só me queda agradecer o interese e a atención do profesorado e dos rapaces e rapazas de todos os centros que visitei.



Try our slideshow maker at Animoto.






 

1 comentario:

  1. O profesorado e alumnado do IES Blanco Amor de Ourense dáche as grazas a ti por visitarnos e por contribuír a que coñezamos máis e mellor a túa obra literaria.

    ResponderEliminar