5.4.16

Memoria dos 90: O día en que un libro de Claudio Pato transformou a libraría Torga

Hai uns meses, Claudio Pato fíxome chegar a ligazón a este vídeo da presentación do seu libro de poemas O almorzo do pintor de inconas Andrei Rublev (1997) en Ourense, na Libraría Torga. O libro publicarámolo na colección Ablativo Absoluto de Xerais, que naquel momento tiña un Consello Editorial formado por  Iris Cochón, Xavier Cordal, Helena González, Antón Lopo, Miro Villar e eu mesmo. Era a primeira etapa da colección. A presentación foi un día de marzo de 1998 –aínda en plena efervescencia poética a movida década dos 90– e, cando me vexo no vídeo, case non me recoñezo nas imaxes, presentando o libro canda Begoña Muñoz Saa, actriz e escritora de teatro xa falecida. O esforzo que fixeran Xoan De Dios, Xose Luis De Dios, Flores, Yebel, Henar e Greta para realizar unha intervención artística foi espectacular e cambiou completamente o aspecto habitual da libraría. Son eses tipo de presentacións que non se esquecen.


Presentación libro O almorzo do pintor de iconas Andrei Rublev - Ourense 1998 from Virxinia on Vimeo.


Camara e edición: José Antonio López Feijoó
Foto fixa: Santiago Barreiros
Intervención artistísca: Xoan De Dios, Xose Luis De Dios, Flores, Yebel, Henar e Greta.
Presentan: Fran Alonso e Begoña Muñoz Saá.