Para min, que aposto en firme pola capacidade potencial de arquivo e documentación que posúen os blogs, este
novo enlace sobre a miña obra, que xa está incorporado á columna dereita de Cabrafanada, constitúe unha auténtica fonte de recursos. A páxina inclúe artigos meus sobre literatura, textos de presentacións, críticas e reseñas sobre os meus libros, entrevistas e pequenas traducións. Parabéns ao valioso traballo que está a levar a
AELG no seu
Centro de Documentación a través do material que lle proporcionamos os escritores e escritoras.
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.