Acaban de enviarme algunhas imaxes do
acto da presentación de
Mals de cap no
Saló del Llibre de Barcelona, o pasado domingo. A imaxe inferior corresponde a un instante da miña intervención, logo de que participasen o editor,
Francesc Mestres, e a tradutora,
Fina Iglesias. Cando rematei de falar, Fina e mais eu demos lectura a unha serie de fragmentos do libro, que eu lía da edición orixinal en galego e Fina da tradución catalana. Mil grazas, Fina.
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.