Tanto lío coa miña conexión adsl a través de telefónica, ademais rebelarme contra o colonialismo empresarial, fixo que esquecese falar aquí de dous excelentes blogs de opinión radiofónica. O primeiro,
Apertas ao lonxe, é da xornalista arxentina Débora Campos, que escribe desde Bos Aires, deitando nese blog "verbas tecidas cada xoves no
Diario Cultural". O segundo,
Das orixes de marzo, é o blog que constrúe Helena González desde Barcelona, "para catar e debater a cultura desde o feminismo". Tamén os luns, no
Diario Cultural da Radio Galega. Magnífica amiga e abandeirada incasable da cultura galega, é tamén imprescindible interesante coñecer o seu traballo no
Centre Dona i Literatura.
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.