O próximo 4 de xullo, a partir das 20 h.,
Manuel G. Vicente e mais eu estaremos asinando exemplares de
A araña e mais eu na Feira do Libro de Vigo.
A araña e mais eu, publicado por Kalandraka, foi galardonado co Premio Neira Vilas aos mellor libro infantil e xuvenil do 2009 e tamén foi incluído nas Listas de Honra da revista
Clij entre os mellores libros do Estado dese mesmo ano. Traducido ao castelán, portugués e inglés, o libro sairá tamén proximamente publicado en coreano, na editorial
Glbburi.
Ningún comentario:
Publicar un comentario