13.9.04

Cabrafanada: o blog intermitente

Sospeito que a miña relación con Cabrafanada vai ser un continuo amor intermitente até os inicios do vindeiro ano. Creo que xa notastes que desde hai algún tempo é un amor ausente. A miña situación persoal, cos meus ordenadores metidos en caixas e unha conexión a internet extinta, vaime dificultar esa relación. En todo caso, prégolles aos meus lectores que desculpen tanto as miñas ausencias como a miña probabilísima inconstancia.

Diciamos onte

Como diciamos onte (que día máis longo, o de onte, por certo), os europercorridos teñen un efecto sociocultural demoledor, pois a súa incidencia nos lugares máis frecuentados é enorme. Hai xa moitos anos traballei de "chico para todo" nunha axencia de viaxes compostelana, o que permitiu coñecer por dentro as tripas dese animal salvaxe do turismo pulmantur. Pero esa, sen dúbida, é unha historia para outro día.