A través do twitter de Marcos Calveiro souben que a Araña e mais eu estaba incluído nas listas de Honra da revista Clij entre os 60 mellores libros publicados en España no 2009. En total, hai sete libros da literatura infantil e xuvenil galega: un do propio Calveiro (O canto dos peixes), dous de Antón Fortes (Caderno de animalista e Fume), Agustín Fernández Paz (Lúa de Senegal), Chus Pereiro (Restaurante Farruco) e Marilar Aleixandre (A cabeza de Medusa). Os meus libros Cidades e O brillo dos elefantes tamén formaran parte destas listas no seu día.
Con respecto a A araña e mais eu, nunca cheguei a dar noticia en Cabrafanada de que o pasado mes de decembro, este libro foi Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil galego do ano 2009. A araña e mais eu tamén foi votado entre os tres mellores libros infantís do 2009 pol@s lector@s de Fervenzas literarias. A tradución ao portugués foi incluída na selección de lecturas do proxecto "Ler para crescer", da Fundação Gulbenkian. E en canto á tradución ao español, pode lerse a súa ficha en S.O.L.
23.3.10
20.3.10
Deslinguado
Deslinguado, en A Nosa Terra.
Etiquetas:
A Nosa Terra,
Deslinguado,
Galego,
Núñez Feijoo,
Opinión,
Políticas Lingüísticas
11.3.10
Folerpas de Novoneyra
Quedan poucos días para que chegue da imprenta Folerpas de Novoneyra, a terceira biografía que escribo, logo de A vida secreta de María Mariño (Xerais, 2007) e Señora Carmen, a voz que vén da seitura (PAI Música, 2007).
Etiquetas:
Biografías,
Folerpas de Novoneyra,
Fran Alonso,
Os meus libros
8.3.10
Tres horas da miña vida, ao lixo
Lamentablemente, o sábado perdín tres longas horas da miña vida vendo Avatar (en 3 D). O derroche xa é irreparable; non ten remedio, como tampouco o ten que estea amolado por contribuir a aumentar os éxitos de taquilla da película. Deixando de lado o alarde técnico e os efectos especiais, nada novo aporta esta proposta de moral resesa de USA(r) e tirar. Nin sequera me parece novidoso o xogo entre o mundo real e o virtual; xa estaba conseguido, de xeito máis simple e eficaz, nos máis que aceptables debuxos animados que traen tolas ás miñas fillas e causan furor entre os nenos: Código Lyoko. Non deixan de ser interesantes e, ademais, non feden a marines. Prometo non volver a picar nunca máis.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)