Probablemente nunca tería chegado á lecura da novela Sueños de piedra se non fose pola
recomendación da miña filla. As autoras deste libro, escrito a dúas mans, son
Iria G. Parente (1993) e Selene M. Pascual (Vigo, 1989). Sueños de piedra é unha desas novelas que gabeou exitosamente polas redes sociais, recomendada polos lectores e lectoras e os principais booktubers e blogueiros para conquistar, sobre todo, un público adolescente.
A novela conta as aventuras de tres personaxes que viaxan xuntos para intentar cumprir os seus propios soños, atoparse a si mesmos ou descubrir o sabor da liberdade. O caprichoso príncipe Arthmael, unha moza que foxe da prostitución e que responde ao nome de Lynne e un mago patán son os personaxes que dan vida a unha historia chea de acción, de intriga e de aventuras. Pero, moito máis alá da aventura, o principal logro desta novela é a abraiante profundidade psicolóxica dos personaxes e a súa modulación. A través dos seus comportamentos desfilan os medos, as contradiccións, o desexo, o amor, a frustración, o sexo, os complexos, a construción da personalidade e o valor dos soños do ser humano, moi especialmente nesa etapa de procura e conformación que é a adolescencia. Sobresae a feitura do personaxe de Lynne, tan vivísimo e real, cos seus lóxicos conflitos psicolóxicos que abren o camiño na novela ao tratamento de temas como a violencia machista, a prostitución, os roles de xénero, o papel do corpo, a posesión e os dereitos das mulleres.
As autoras exhiben, ademais, dous acertos técnicos: o emprego da primeira persoa, que alternan os dous personaxes principais (Arthmael e Lynne) e a narración constante en presente.
Sen dúbida, unha novela recomendable para todos os públicos.
Amosando publicacións coa etiqueta Igualdade de xénero b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Igualdade de xénero b>. Amosar todas as publicacións
31.8.16
25.11.15
A dimensión da violencia de xénero
Resúltame francamente difícil escribir sobre a violencia de xénero.
Paréceme un problema tan sumamente grave e tan profundamente doloroso, dunha dimensión tan xigantesca, que sinto o constante perigo de expresar ideas banais, de quedarme no obvio, de non ser quen de traspasar o máis superficial, de non ir máis alá do tópico.
Así o expresei, literariamente, naquela Carta a unha muller maltratada que escribín en 2012 a petición de Sara Vila, xornalita do Diario de Pontevedra.
En consecuencia, hoxe, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, prefiro reproducir o poema «vivo non vivo en paz viva», publicado no meu libro Transición (2011). O poema aborda a brutalidade da violencia de xénero, desde a creación poética, botando man dunha brusca ruptura do ritmo, da palabra e da sintaxe que procura un paralelismo coa propia violencia real.
Paréceme un problema tan sumamente grave e tan profundamente doloroso, dunha dimensión tan xigantesca, que sinto o constante perigo de expresar ideas banais, de quedarme no obvio, de non ser quen de traspasar o máis superficial, de non ir máis alá do tópico.
Así o expresei, literariamente, naquela Carta a unha muller maltratada que escribín en 2012 a petición de Sara Vila, xornalita do Diario de Pontevedra.
En consecuencia, hoxe, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, prefiro reproducir o poema «vivo non vivo en paz viva», publicado no meu libro Transición (2011). O poema aborda a brutalidade da violencia de xénero, desde a creación poética, botando man dunha brusca ruptura do ritmo, da palabra e da sintaxe que procura un paralelismo coa propia violencia real.
vivo non vivo en paz viva
denigrada muller na oblicua dor
do teu corpo vivo
non vivo en paz
cando a eclipse te afunde na heca
tombe o teu corpo con mans de ma
cho vivo non vivo en paz vivo
morto vivo a morte viva
en corpo propio
muller diana da histo
ria como residuo
a paz imposible vive en ti
vivo non vivo en paz ela
sepulcro condena lousa mal
pende que pende fende tra
po espera que nega corpo vive to
do cando eclipse anal te afunde dor
pene que pene sistemas
cu linos e relinos no teu cor
po escrito teu xordo vivo
non vivo en paz viva
con rabia de labio en rabia
de femia túa ti futuro teu escrito
na pel papel pulverizada en teu
de ti e volvo bile de vida viva
de viva paz a prol
en ti mu
ller
Labels:
Cosmofran,
Fran Alonso,
Igualdade de xénero,
Poesía,
violencia de xénero
12.6.11
O xogo das cadeiras
O xogo das cadeiras non é cousa das mulleres
A Real Academia Galega vén de escoller un novo académico malia o resón social que tivo a esixencia de cubriren as vacantes actuais con mulleres, e que se pode seguir no blog do manifesto “O xogo das cadeiras”.
Se coa simbólica concesión da cadeira de Olga Gallego a un investigador a institución puña en evidencia o seu desinterese por incorporalas, con esta elección mostra de maneira aberta o seu rexeitamento. Non o pode dicir máis clariño: no seu xogo das cadeiras non quere que entren as mulleres. A Academia afástase canto máis mellor do que se espera das máximas institucións da cultura galega para que manteñan a súa autoridade conforme aos tempos: que sexan corporacións vivas, dinámicas, comprometidas, integradoras da diversidade.
A incorporación de mulleres non é un problema senón unha oportunidade para gañar autoridade, para mostrar vontade de diálogo con estes tempos. Mais cando as cadeiras serven de poltrona, aníñase no confort do recoñecemento e iso precisamente é o que converte a Academia en dondo panteón de ilustres. Agora, cando a cultura e a lingua galega precisan institucións afoutas, que conten co máximo apoio social para afrontaren os importantes retos nos que andan, as mulleres non podían ficar excluídas mais o xogo das cadeiras déixaas fóra, como sempre.
Estamos peor que hai un ano, antes do pasamento da finada Olga Gallego. Cinco eran as mulleres con cadeira hai un ano, e catro son agora. Só podemos agardar que para a que queda vacante, elixan unha muller, mais, como ben explicou María Xosé Agra no seu artigo “Dúas cadeiras, unha Académica máis: ¡impertinencia!”, os números falan. Unha soa muller máis supón cinco académicas de trinta. Nin sequera o 20% da corporación. Por iso denunciamos que a Real Academia Galega segue co seu xogo das cadeiras.
Cadeiras para as mulleres XA!
Máis información en O xogo das cadeiras.
28.5.08
28.10.07
3.2.07
Binda e a gran idea
Recomendouma hai uns días Agustín Fernández Paz. Fíxenlle caso e vina antonte coas miñas dúas fillas e, ante a miña sorpresa, onte a pequena díxome que quería vela de novo. Dura media hora.
1.12.06
26.1.04
Amor libre
Para Fraga Iribarne, que está en contra do Amor Libre, os privilexios oficiais dos cargos políticos do PP deben incluír o dereito a arrumamentos, sobamentos, tocamentos e o dereito de pernada con adolescentes. Se cadra bota en falla unha Lei do Harén. É que son moi homes e iso, sen dúbida, dálles votos. Pois as eleccións non sei, pero o ceo seguro que xa o teñen gañado.
Labels:
Igualdade de xénero,
Manuel Fraga Iribarne,
Política
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




