30.4.09
Que fale a Academia!!!
Súmome á petición de Arturo Casas. A Academia debe falar.Que fale a Academia. Que estea á altura das circunstancias!
27.4.09
Así foi, doutor
22.4.09
19.4.09
14.4.09
Equipos de Normalización contra a abolición do decreto
Os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística asinantes queren manifestar a súa preocupación ante a intención do novo goberno de derrogar o Decreto 124/2007 polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo. Como dinamizadores lingüísticos, pero moi especialmente como profesionais do ensino que somos, queremos facer constar o seguinte:
[continúa aquí]
[continúa aquí]
8.4.09
5.4.09
1.4.09
Neuston
Interesantísimo é o proxecto, xa realidade, capitaneado polo científico José Pintado, que o venres 20 se inaugurou no Museo do Mar de Galicia da man dos responsables do proxecto e da Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo. O proxecto ofrece como froito unha exposición, un libro e o ronsel dun traballo necesario para que a ciencia e a arte volvan darse a man. Neuston. Experimento 1. Explorando a Interface é o título da mostra que abriu a finais da pasada semana o Museo do Mar de Galicia. A iniciativa naceu no Instituto de Investigación Mariñas de Vigo, recolle os traballos de quince parellas compostas por científicos e por artistas plásticos ou escritores, que mesturaron proxectos científicos con propostas creativas arredor do mar. Eu participei no proxecto colaborando coa científica Isabel Medina, que me deu a oportunidade de saber moitísimas cousas sobre os polifenois e a súa utilidade. A cambiou, fíxena cómplice do meu relato. Foi un traballo interesantísimo, fermoso e –a dicir verdade– un auténtico e complicado reto. Recomendo vivamente a visita da exposición, que xa estivo en Barcelona.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)