Interesantísimo é o proxecto, xa realidade, capitaneado polo científico José Pintado, que o venres 20 se inaugurou no Museo do Mar de Galicia da man dos responsables do proxecto e da Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo. O proxecto ofrece como froito unha exposición, un libro e o ronsel dun traballo necesario para que a ciencia e a arte volvan darse a man. Neuston. Experimento 1. Explorando a Interface é o título da mostra que abriu a finais da pasada semana o Museo do Mar de Galicia. A iniciativa naceu no Instituto de Investigación Mariñas de Vigo, recolle os traballos de quince parellas compostas por científicos e por artistas plásticos ou escritores, que mesturaron proxectos científicos con propostas creativas arredor do mar. Eu participei no proxecto colaborando coa científica Isabel Medina, que me deu a oportunidade de saber moitísimas cousas sobre os polifenois e a súa utilidade. A cambiou, fíxena cómplice do meu relato. Foi un traballo interesantísimo, fermoso e –a dicir verdade– un auténtico e complicado reto. Recomendo vivamente a visita da exposición, que xa estivo en Barcelona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario