Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Neuston b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Neuston b>. Amosar todas as publicacións
24.3.11
O proxecto Neuston en Bruxelas
O próximo 31 de marzo ábrese en Bruxelas a exposición do proxecto Neuston, que se instalará na sede do Instituto Cervantes da capital belga e que vai ser inaugurada coa prenza do coordinador, do escritor Xavier Queipo, da directora do Cervantes nesa cidade e do responsable do CSIC en Bruxelas. A exposición, que estará aberta ata o 25 de maio, é posible grazas ao traballo do seu coordinador, José Pintado, científico do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) de Vigo e un dos participantes. Posteriormente, a exposición viaxará a Fez, á sede do Instituto Cervantes nesa cidade marroquina.
1.4.09
Neuston
Interesantísimo é o proxecto, xa realidade, capitaneado polo científico José Pintado, que o venres 20 se inaugurou no Museo do Mar de Galicia da man dos responsables do proxecto e da Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo. O proxecto ofrece como froito unha exposición, un libro e o ronsel dun traballo necesario para que a ciencia e a arte volvan darse a man. Neuston. Experimento 1. Explorando a Interface é o título da mostra que abriu a finais da pasada semana o Museo do Mar de Galicia. A iniciativa naceu no Instituto de Investigación Mariñas de Vigo, recolle os traballos de quince parellas compostas por científicos e por artistas plásticos ou escritores, que mesturaron proxectos científicos con propostas creativas arredor do mar. Eu participei no proxecto colaborando coa científica Isabel Medina, que me deu a oportunidade de saber moitísimas cousas sobre os polifenois e a súa utilidade. A cambiou, fíxena cómplice do meu relato. Foi un traballo interesantísimo, fermoso e –a dicir verdade– un auténtico e complicado reto. Recomendo vivamente a visita da exposición, que xa estivo en Barcelona.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)