O MEU GATO É UN POETA
O próximo domingo 4 de decembro, ás 18, 30 horas, Xurxo Souto e mais eu realizaremos no Cuarto dos Nenos do Culturgal o espectáculo poético musical «O meu gato é un poeta».
O escritor Fran Alonso e o músico Xurxo Souto presentan o espectáculo poético musical «O meu gato é un poeta», dirixido a nenos en nenas a partir de 4 anos e tamén a adultos. Durante as sesións, a poesía convértese en maxia, en música, en xogo e soa o acordeón.
NINGUÉN
Un par de horas antes, tamén Culturgal e no recinto central (Salón), terá lugar a presentación, a xeito de conversa ou entrevista, entre a xornalista Belén López e mais eu sobre Ninguén. Será ás 16,30 horas e durará 20 minutos.
30.11.11
28.11.11
Culturgal: conversa coa xornalista Belén López para presentar «Ninguén»
O próximo domingo 4, no marco do Culturgal e no recinto central (Salón) terá lugar unha presentación, a xeito de conversa ou entrevista entre a xornalista Belén López e mais eu sobre Ninguén. Será ás 16,30 horas e durará 20 minutos.
O ESPETÁCULO DE «O MEU GATO É UN POETA»
Logo, ás 18,30 h., Xurxo Souto e mais eu realizaremos o espectáculo poético-musical O meu gato é un poeta no Cuarto dos Nenos do Culturgal.
25.11.11
Enlaza Vigo: contra a violencia de xénero
Hoxe, 25 de novembro, participarei ás 11 da mañá no acto que organiza o Consello Municipal da Muller e da Concellería de Igualdade de Vigo no Día Internacional contra a Violencia de Xénero e que consistirá nunha cadea humana para denunciar e concienciar a sociedade sobre a violencia de xénero.
Na cadea humana vanse colocar 600 siluetas de muller, en representación e homenaxe ás vítimas da Violencia de Xénero que se contabilizan desde 2003 en España, segundo datos do Ministerio de Igualdado. Deste xeito simbólico, preténdese facer visible a traxedia que representa o terrorismo machista. Enlaza Vigo está presente nas redes sociais a través de twitter e facebook.
Reproduzo a continuación o texto que escribín para as redes sociais de Enlaza Vigo:
Na cadea humana vanse colocar 600 siluetas de muller, en representación e homenaxe ás vítimas da Violencia de Xénero que se contabilizan desde 2003 en España, segundo datos do Ministerio de Igualdado. Deste xeito simbólico, preténdese facer visible a traxedia que representa o terrorismo machista. Enlaza Vigo está presente nas redes sociais a través de twitter e facebook.
Reproduzo a continuación o texto que escribín para as redes sociais de Enlaza Vigo:
A violencia de xénero é un dos actos máis cobardes, miserables, malvados e indignos de cantas atrocidades existen no século XXI.O maltratador aseméllase a unha serpe velenosa que muda a pel en función do momento ou da persoa que teña diante. Ás veces loce a súa pel violenta, ruín, impasible e destrutora, pero outras veces móstrase amable, conciliador e condescenciente.No fondo, a súa cobardía é xigantesca, porque é a dun home acomplexado. A sociedade deber ser intolerante cos seus comportamentos. Eu, Ti. Nós. Todos. Todas. Que non te engane. Que non nos engane. Non sexamos cómplices.Como home, estes individuos fanme sentir vergoña allea. Cos maltratadores, permisividade cero, condescendencia cero.
21.11.11
Fai dano o Actimel?
Quen crea os hoax? Por que? Esa é a investigación que leva a cabo na rede o escritor que protagoniza unha das historias de Ninguén.
Ao mesmo tempo, diferentes hoax vertebran todo o libro, establecendo un fío de conexión entre as distintos relatos.
_____________________________
Ninguén será presentado no salón do Culturgal o domingo 4 de decembro ás 16,30 horas cunha conversa entre a xornalista Belén López e eu.
_____________________________
Nunca picaches con algún dos hoax que vertebran Ninguén? Non pensaches, hai anos, cando comezamos a usar o correo electrónico, que Nokia regalaba teléfonos móbiles? Non liches nalgún momento que as operadoras de telefonía ían comezar a cobrar polas chamadas perdidas? Non tiraches ao lixo un ficheiro .exe do teu ordenador porque supostamente contiña un virus? Non che chegou a noticia de que unha nena precisaba unha operación carísima e que por cada mail reenviado a familia recibía unha pequena cantidade para poder operalo? Tamén son hoax, historias de ficción que, cando as cremos, pasan a formar parte da nosa realidade. Son historias que a viralidade de Internet potencia incriblemente.
Os hoax circulan tamén por Facebook, comunmente disfrazados de cadeas de solidariedade. Pero tamén afectan á propia imaxe da rede social. Non viches iso no taboeiro?:
Tamén é mentira, claro. Outros son máis directos e persiguen captar correos electrónicos ou datos persoais, como este:YA ES OFICIAL. LO ERA INCLUSO EN LAS NOTICIA. FACEBOOK EMPEZARÁ COBRAR DEBIDO A LOS CAMBIOS DE PERFIL NUEVOS. SI COPIAS ESTO EN TU MURO VUESTRO ICONO CAMBIARÁ A AZUL Y FACEBOOK SERÁ GRTIS PARA TI. PASAR ESTE MENSAJE, SI NO VUESTRA CUENTA SERÁ ELIMINADA SI NO PAGAS
Asunto: Se ha superado el límite de almacenamiento en su buzónOs personaxes de Ninguén móvense nunha nova dimensión da relación social, unha relación mediatizada por barreiras invisibles, que non se ven, que non son tanxibles, pero que están aí, cada vez en maior medida. É o que lle sucede ao escritor do último relato; ou a Sara, que establece unha relación a través da rede; ou a S. Lonely, que ten que se enfrontar á despersonalización da tecnoloxía.
De: Bruce Wood
Fecha: 27 de septiembre de 2011 04:23:48 GMT+02:00
Para: Undisclosed recipients: ;
Se ha superado el límite de almacenamiento en su buzón
Usted no será capaz de enviar o recibir mensajes nuevos hasta que actualice su
e-mail de cuotas.
Copie el enlace de abajo y rellene el siguiente formulario para actualizar su cuenta.
http://server1.graceccnc.org/forms/use/samform/form1.html
Administrador del sistema
192.168.0.1
En calquera caso, todos os personaxes habitan tamén e, sobre todo, o mundo real, representado por un edificio, como metáfora do mundo, edificio no que as vidas dos veciños se perciben a través dunha ollada indiscreta, suposta e adiviñatoria. Un mundo que, en definitiva, é o noso.
17.11.11
O recuncho de Galicia de Fran Alonso: unha paisaxe íntima onde o tempo desafía a existencia
A web El rincón de Galicia, dedicada ao turismo, gastronomía e viaxes, publica unha entrevista comigo. A maiores, pedíronme que describise o meu recuncho de Galicia. Velaí vai.
- Nome // Nombre: Fran Alonso*
- Naceu en // Nació en: Vigo
- É // Es: Son escritor vocacional desde que era un neno. A literatura foi sempre a miña viaxe máis profunda, a que máis me condicionou e cambiou // Soy escritor vocacional desde que era un niño. La literatura fue siempre mi viaje más profundo, el que más me condició y cambió.
Pouco queda xa deste 2011 no que se cumplen 20 anos da publicación de Tráiler, a primeira novela deste escritor galego: Fran Alonso. Unha novela, por certo, que escribiu logo de viaxar en camión por España i Europa. Despois foi Cartas de amor,onde están presentes Filipinas, Cabo Verde, Senegal, Irak, Tinduf, Saraievo… Lisboa, Ámsterdam, Gales, Hamburgo, Galicia… están no seu libro Males de cabeza e Centroamérica en O brillo dos elefantes. No seu último libro, Ninguén, as viaxes convértense en virtuais.
Fran Alonso chega a Elrincondegalicia.com cos seus percorridos (tanto literarios coma presenciais) pero, sobre todo, para falarnos do seu lugar en Galicia, do seu Recuncho. Para Fran viaxar é “Unha necesidade, un xeito de estar no mundo. Tamén viaxo para aprender i escribir”. Como medio de transporte prefire “Para chegar, o antes posible. Unha vez alí, os transportes públicos son esenciais para tomarlle o pulso á sociedade que queres coñecer. Algunhas das máis interesantes viaxes que fixen foron en camión”.
Coméntanos que tivo viaxo moito só mais, agora, prefire compartir a viaxe “Compartir sempre ten un engado especial”. Di Alonso que o turista ten que ser respectuoso e déixanos un lema “Pasar desapercibido”…
Poco queda ya desde este 2011 en el que se cumplen 20 años de la publicación de Tráiler, la primera novela de este escritor gallego: Fran Alonso. Una novela, por cierto, que escribió tras viajar en camión por España y Europa. Después fue Cartas de amor, donde están presentes Filipinas, Cabo Verde, Senegal, Irak, Tinduf, Sarajevo… Lisboa, Ámsterdam, Gales, Hamburgo, Galicia… están en su libro Males de cabeza y Centroamérica en O brillo dos elefantes. En su último libro, Ninguén, los viajes se convierten en virtuales.
Fran Alonso llega a Elrincondegalicia.com con sus recorridos (tanto literarios como presenciales) pero, sobre todo, para hablarnos de su lugar en Galicia, de su Rincón. Para Fran viajar es “Una necesidad, una manera de estar en el mundo. Tamén viajo para aprender y escribir”. Como medio de transporte prefiere “Para llegar, lo antes posible. Una vez allí, los transportes públicos son esenciales para tomarle el pulso a la sociedad que quieres conocer. Algunos de los viajes más interesantes que hice fueron en camión”.
Fran Alonso nos comenta que viajó mucho solo pero, ahora, prefiere compartir el viaje “Compartir siempre tiene un encanto especial”. Dice que el turista tiene que ser respetuoso y nos deja un lema “Pasar desapercibido”…
O FRAN ALONSO TURISTA
EL FRAN ALONSO TURISTA
-Da súa nenez lembra aquela viaxe a // De su niñez recuerda aquel viaje a… Aos Pirineos aragoneses, a ver nevar // A los Pirineos Aragoneses, a ver nevar.
-A última que realizou foi a // En cambio, el último que realizó fue a… A Roma, hai un mes e medio. Dentro de 15 días** marcho a Lisboa, unha cidade cativadora. Por Galicia viaxo constantemente // A Roma, hace un mes y medio. Dentro de 15 días** me voy a Lisboa, una ciudad cautivadora. Por Galicia viajo constantemente.
-Unha música para esa última viaxe // Una música para ese último viaje… O Nabucco de Giuseppe Verdi. Ardía Italia con ese tema // El Nabucco de Giuseppe Verdi. Ardía Italia con ese tema.
-Agora mesmiño ímonos… Cara onde? // Ahora mismo nos vamos. ¿Hacia dónde? A Grecia, a Islandia, a Namibia, á Patagonia. A tantos lugares! // A Grecia, a Islandia, a Namibia, a la Patagonia. ¡A tantos lugares!
-Na maleta só caben 5 obxectos // En la maleta sólo caben 5 objetos… Un bolígrafo, un caderno e tres libros // Un bolígrafo, un cuaderno y tres libros.
-Onde aloxamos? // ¿Dónde nos alojamos? Depende. A min gústame moito a casa rural, pero non no centro de Berlín. Tamén frecuento hoteis, apartamentos alugados a través de internet e… unha iglú que che permita deitarte mirando as estrelas? // Depende. A mí me gusta mucho la casa rural, pero no en el centro de Berlín. También frecuento hoteles, apartamentos alquilados a través de internet y… ¿un iglú que te permita acostarte mirando las estrellas?
-Que plans temos? // ¿Qué planes tenemos? Para min, o principal descanso é o psicolóxico. A maior parte das miñas viaxes conlevan unha ruptura que provoca ese descanso. Polo demais, a fondo! // Para mí, el principal descanso es el psicológico. La mayor parte de mis viajes conllevan una ruptura que provoca ese descanso. Por lo demás, ¡a fondo!
-Nunca voltaría a // Nunca volvería a… Ao Campo de Prisioneiros do Tarrafal, en Cabo Verde, un lugar abandoado e asfixiante onde me sentín realmente mal // Al Campo de Prisioneros del Tarrafal, en Cabo Verde, un lugar abandonado y asfixiante donde me sentí realmente mal.
-Un destino imposible… Marte. Pero non me apetece nada // Pero no me apetece nada.-Un conto que recorde rindo // Una anécdota que recuerde riendo… Cando era un adolescente viaxaba moito eu só, coa mochila ao lombo. En COU, marchei só a Lisboa, durante as vacacións do Nadal, e no tren topei co meu profesor de literatura española no Instituto Santa Irene, que era X. L. Méndez Ferrín // Cando era un adolescente viajaba mucho solo, con la mochila a la espalda. En COU, marché sólo a Lisboa, durante las vacaciones de Navidad, y en el tren me encontré con mi profesor de literatura española en el Instituto Santa Irene, que era X.L. Méndez Ferrín.
-Pasou un mal momento en… cando // Pasó un mal momento en… cuando… En Alxeria, en 1986 cando, viaxando pola noite, nos detivo unha patrulla militar de soldados, totalmente borrachos, que nos expulsaron a punta de metralleta do furgón en que viaxabamos, encañonándonos mentres, dentro, roubaban todo o que querían // En Algeria, en 1986 cuando, viajando por la noche, nos detuvo una patrulla militar de soldados, totalmente borrachos, que nos expulsaron a punta de metralleta del furgón en que viajábamos, encañonándolos mientras, dentro, robaban todo lo que querían.
-Para praia a de // Para playa la de… A da Ladeira, no Val Miñor. A dos Alemáns nas Cíes. A de Menduíña no Morrazo. A da Area da Secada na Illa de Arousa. A de San Francisco en Muros. Todas son algo miñas // La de la Ladeira, en el Val Miñor. La de los Alemanes en las Cíes. La de Menduíña en el Morrazo. La de Area da Secada en Illa de Arousa. La de San Francisco en Muros. Todas son algo mías…
-Por que vir a Galicia? // ¿Por qué ir a Galicia? Porque, para un turista intelixente, Galicia conserva ese encanto de posuír unha marcada identidade propia, unha paisaxe moi fermosa e patrimonio histórico, artístico e natural moi valioso // Porque, para un turista inteligente, Galicia conserva ese encanto de poseer una marcada identidad propia, un paisaje muy hermoso y patrimonio histórico, artístico y natural muy valioso.
-De aquí queda prohibido marcharse sen visitar // De aquí queda prohibido marcharse sin visitar… Unha boa librería. Sempre visito as librerías dos lugares aos que vou. E definen o lugar // Una buena librería. Siempre visito las librerías de los lugares a los que voy. Y definen el lugar.
O RECUNCHO DE GALICIA DE FRAN ALONSO // EL RINCÓN DE GALICIA DE FRAN ALONSO
A primeira hora da mañá, cando o sol ilumina desde o nacente, a luz que se deita sobre a foz é precisa, agarimosa coma un abrazo. A foz do Miñor é un espazo natural protexido. Se a felicidade absoluta existise ou tivese forma de paisaxe, estaría encarnada aquí, sen dúbida ningunha. Desde A Ramallosa ao Monte Lourido, camiño escoitando o chío das garzas, divisando patos salvaxes e gozando das atractivas metamorfoses intermareais que provocan os cambios entre a preamar e a baixamar. Contra o fondo, a áxil lingua de area da praia da Ladeira esténdese ansiosa para cinguir ese lugar onde o río e o mar se lamben mutuamente.
Á noitiña, coa posta do sol, a paisaxe ponse terriblemente africana; húmida e cálida e salvaxe ao tempo. A foz aseméllase a un espello líquido, enredando coas sutís apariencias dos xogos da luz. Antes de chegar ao pé do Monte Lourido, repouso na baranda do paseo, trazado con madeira sobre o chan, e deixo que o acougo dese momento imantado impregne os meus ollos. Podería permanecer así durante séculos e espertar noutro tempo.
Finalmente, opto por pasear arredor do Monte Lourido, ese lugar solitario e agreste, aínda que ferido por diversas ultraxes urbanísticas que lle provocou a soberbia. Aos pés do camiño ábrense os cantís, que van dar a praíñas diminutas ou se precipitan directamente sobre o mar. Por veces, a vista queda atrapada entre os piñeiros.
Máis adiante, a baía de Baiona descóbrese ante os meus ollos e os chíos das gaivotas anuncian o fresco arrecendo a salitre. O camiño traza unha fermosa circunferencia, coas Illas Estelas no horizonte e as Cíes detrás, que remata no areal de Praia América. Esa é unha das miñas paisaxes máis íntimas; unha paisaxe que anuncia, definitivamente, que o tempo está por riba da existencia.
A primera hora de la mañana, cuando el sol ilumina desde el naciente, la luz que se acuesta sobre la desembocadura es precisa, cariñosa como un abrazo. La desembocadura del Miñor es un espacio natural protegido. Si la felicidad absoluta existiese o tuviese forma de paisaje, estaría encarnada aquí, sin ninguna duda. Desde A Ramallosa al Monte Lourido, paseo escuchando el grito de las garzas, divisando patos salvajes y gozando de las atractivas metamorfosis intermareales que provocan los cambios entre la pleamar y la bajamar. Contra el fondo, la ágil lengua de arena de la playa de Ladeira se extiende ansiosa para alcanzar ese lugar donde el río y el mar se lamen mutuamente.
Al anochecer, con la puesta del sol, el paisaje se pone terriblemente africano; húmedo y cálido y salvaje al mismo tiempo. La desembocadura se parece a un espejo líquido, enredando con las sutiles apariencias de los juegos de la luz. Antes de llegar al pie del Monte Lourido, me detengo en la barandilla del paseo, trazado con madera sobre el suelo, y dejo que la tranquilidad de ese momento imantado impregne mis ojos. Podría permanecer así durante siglos y despertar en otro tiempo.
Finalmente, opto por pasear alrededor del Monte Lourido, ese lugar solitario y agreste, aunque herido por diversos ultrajes urbanísticos que le provocó la soberbia. A los pies del camino se abren los acantilados que van a dar a playitas diminutas o que se precipitan directamente sobre el mar. Por veces, la vista queda atrapada entre los pinos.
Más adelante, la bahía de Baiona se descubre ante mis ojos y los gritos de las gaviotas anuncian el fresco olor a salitre. El camino traza una hermosa circunferencia, con las Illas Estelas en el horizonte y las Cíes detrás, que acaba en el arenal de Praya América. Ese es uno de mis paisajes íntimos; un paisaje que anuncia, definitivamente, que el tiempo está por encima de la existencia.
*Fran Alonso concedió esta entrevista en lengua gallega.**La fecha indicada no se corresponde con la actualidad (la entrevista fue realizada hace algún tiempo)
14.11.11
A policía de Quebec aterrada por unha vaca!
Vino o outro día en El progreso e pareceume un vídeo incrible presentando unha situación patética.
O progreso lévanos a isto?
O progreso lévanos a isto?
A entrevista de María Solar no Zig Zag sobre «Ninguén»
Entrevistoume María Solar no Zig Zag para falar de Ninguén.
Está no minuto 13:37.
Logo tamén se inclúe unha reportaxe sobre as lecturas poéticas de Picaversos e outra sobre a novela Poñente, de Pere Tobaruela.
Está no minuto 13:37.
Logo tamén se inclúe unha reportaxe sobre as lecturas poéticas de Picaversos e outra sobre a novela Poñente, de Pere Tobaruela.
10.11.11
A entrevista sobre «Ninguén» no Eirado, de Pemón Bouzas
7.11.11
Un poema para o Samaín: O meu ghato ten medo
Os rapaces de 2º de Primaria do C. E. P. Sequelo de Marín están a traballar con O meu gato é un poeta tamén na rede, creando recursos didácticos ben interesantes. Estes días pasados botaron man do poema «O meu gato ten medo» para utilizalo na celebración do Samaín.
E logo publicaron os debuxos dos nenos e nenas en Picasa. Ademais tamén fixeron un fermoso traballo co «Poema das palabras con ele».
A finais de novembro terei o pracer de visitalos.
E logo publicaron os debuxos dos nenos e nenas en Picasa. Ademais tamén fixeron un fermoso traballo co «Poema das palabras con ele».
A finais de novembro terei o pracer de visitalos.
5.11.11
Crónica dun problema anunciado
Faime moita graza esta escandalosa noticia que publicou onte La Voz de Galicia, acompañada destoutra:
«La construcción del edificio de viviendas preocupa a los vecinos que acabaron comprando allí sus viviendas. Las grietas en algunas paredes comenzaron a aparecer poco después de entrar a vivir. Denuncian que el edificio «sube y baja» en función de la época del año en la que se encuentren. Opinan que no se llevó a cabo un estudio geotécnico que asegurara el buen asentamiento de la estructura. El inmueble está construido a pocos metros del cauce del río Miñor, en una zona que es inundable. El Ayuntamiento otorgó la licencia en octubre de 2005 y al año siguiente otorgó otro permiso de obras complementario para la ampliar el proyecto e incorporar dos sotanos a mayores al inmueble de dos pisos».E faime moita graza porque era a crónica dun problema anunciado. Eu mesmo escribía no ano 2006 en Cabrafanada o seguinte:
«Pouco máis adiante, observo varios coches detidos á beira da estrada, diante dun futuro edificio da construtora Fajo.O edificio aínda consta unicamente duns xigantescos muros de contención para os garaxes, obra na que levan traballando moito tempo, pero a través dos condutos de ventilación deses muros, a auga entra a grandes chorros, convertendo aquilo nunha xigantesca e impactante piscina. Matino no triste futuro de quen se atreva a mercar un piso nese lugar. (...)
En Gondomar, comprobo que o desbordamento é o habitual do río Miñor nos últimos anos: está anegado o parque da Coelleira, o Centro de Desenvolvemento Comarcal (a antiga sede do colexio Chano Piñeiro), e o parque onde está a restaurada ponte do Peto das Ánimas. Na Coelleira, a auga non alcanzou a zona dos xogos infantís, pero deixou a ponte de madeira no medio dunha lagoa. Entre Gondomar e A Ramallosa, o río está desbordado practicamente en todo o seu percorrido, nunhas zonas máis ca noutras. A presión urbanística dos edificios do casco urbano de Gondomar está a facer que os lugares de crecida natural do río se despracen cara a outras zonas, coas conseguintes inundacións que eses cambios provocan».
4.11.11
Hoax, Fidel Castro e correos en aberto
Acabo de recibir este hoax, que se refire á unha hipotética morte de Fidel Castro e a un suposto virus arrepiante que ata saíu na CNN. O curioso é que o recibín cunha listaxe enorme de correos electrónicos, do que é fácil supoñer o pouco precavida que aínda está a xente ante este tipo de bulos.
MUCHO CUIDADO CON UN CORREO QUE EMPEZO ANOCHE , SOBRE UN ANUNCIO DE LA MUERTE DE FIDEL CASTRO DONDE PROMETEN MOSTRAR VIDEOS Y FOTOS SOBRE ESTE ACONTECIMIENTO.
APROVECHANDO LA POSIBLE MORBOSIDAD DE LOS SERES HUMANOS INVITA A ENTRAR A UN LINK ANUNCIADO POR DOS IMPORTANTES AGENCIAS DE NOTICIAS
NOOOOOOOOO LO HAGAS
!!!!! AL HACERLO SE TE DESCARGARA UN MALWARE DISFRAZADO DE SOFTWARE LEGAL, ES UN POTENTE VIRUS ,LO ACABAN DE ANUNCIAR.
POR FAVOR, HACER CIRCULAR ESTE AVISO ENTRE AMIGOS, FAMILIA, CONTACTOS!!En los próximos días, deben estar atentos: No abran ningún mensaje con el archivo anexo independientemente de quien se lo envíe.
Es un virus que 'abre' un puerto especifico de Windows que se ' Come ' todo el disco duro C de la computadora.
Este virus vendrá de una persona conocida que te tenía en su lista de direcciones.
Es por eso que debes enviar este mail a todos tus contactos. Es preferible recibir 25 veces este mensaje que recibir el virus y abrirlo.
Si recibes el correo llamado, aunque sea enviado por un amigo, no lo abras y apaga tu maquina inmediatamente.
Es el peor virus anunciado por CNN.
Un nuevo virus ha sido d descubierto recientemente que ha sido clasificado por Microsoft como el virus más destructivo que haya existido.
Este virus fue descubierto ayer por la tarde por McAfee.
Y no hay arreglo aun para esta clase de virus.
Este virus destruye simplemente el Sector Zero del Disco Duro, donde la información vital de su función es guardada.
ENVIA ESTE E-MAIL A QUIENES CONOZCAS COPIA ESTE CORREO A UNO NUEVO Y MANDALO A TODOS TUS AMIGOS Y RECUERDA : SI LO ENVIAS A ELLOS , NOS BENEFICIAS A Todos
2.11.11
«Non cambia só a tecnoloxía, cambiamos nós con ela»
Recollo da edición viguesa de La Voz de Galicia unha entrevista que me fixo Begoña R. Sotelino.
«Non cambia só a tecnoloxía, cambiamos nós con ela»
O escritor vigués retrata na sua última novela as novas relacións que xurden na sociedade da comunicaciónFran Alonso (Vigo, 1963) fixo a súa estrea na literatura gañando o Premio Blanco Amor de Novela con Tráiler. Pasaron vinte anos desde o seu debut e neste tempo afianzou a súa carreira con cinco novelas, outros tantos poemarios, un libro de relatos e dous álbums ilustrados para nenos. Agora ven de publicar a súa última novela, Ninguén, que edita Xerais.-A obra aborda as relacións sociais actuais, mediatizadas polas novas tecnologías da comunicación. ¿Parte da súa propia experiencia, de algo que lle parasa cos bulos (hoax), por exemplo?-Ninguén non nace da miña relación con eles, pero, ¿quen non se tragou algunha vez unha desas historias de mentira que circulan por Internet? Ás veces son tan boas que, mesmo estando prevenido, fanche dubidar. Interesábame moito esa capacidade de Internet para converter a ficción en realidade. Pero creo que Ninguén parte, sobre todo, do que nos está a suceder a todos nós, aos cidadáns de hoxe, porque está mudando de xeito acelerado a nosa forma de relacionarnos sen que nos decatemos. Non cambia só a tecnoloxía, cambiamos nós con ela. E moito. Con todo, e aínda que a miña vida laboral hoxe está exclusivamente diante dunha pantalla, para as relacións sociais sigo preferindo a complicidade dunha mirada e a calidez dun café.-¿Como se relaciona vostede coas novas tecnologías, está en Facebook, tuitea? ¿Que lle parece todo este entramado de banalidades?-Sempre sentín moitísima curiosidade e interese polas novas tecnoloxías. Creo que supoñen un potencial enorme para a comunicación. Fun dos primeiros escritores en ter blog e tamén dos primeiros en ter conta de Twitter. Con todo, creo que é preciso usalas e contemplalas con ollo crítico. É certo que hai moita banalidade, pero tamén é certo que conlevan unha capacidade de subversión inédita ata o de agora. Usémolas sen vanaglorialas. Sexamos conscientes do que son e non sexamos esclavos delas. A min interésame moitísimo Twitter e bastante menos Facebook.-¿Ninguén é ademais un retrato dunha comunidade de vecinos del siglo XXI?-Pode entenderse así, sen dúbida. Os personaxes de Ninguén constrúen unha metáfora do mundo, que se centra na comunidade de veciños dun edificio calquera como paradigma das novas formas de relación. En Ninguén, e na vida real, percíbese a veciñanza a través das apariencias, polo que escoitamos a través das paredes, nos ascensores, cos ruídos. En realidade é un tipo de relación mediatizada, que é o que caracteriza ao século XXI, á vida urbana e ás novas tecnoloxías: relacionámonos pero nunca directamente, sempre hai algo que se interpón entre as persoas que se comunican. O mesmo sucede hoxe co poder. ¿Quen manda no mundo? Hai estruturas invisibles que se interpoñen entre os que mandan e nós. ¿Quen lles coñece as caras aos que manexan esta crise?-No libro recolle ducias de correos electrónicos. ¿Son reais?-Si, algúns teñen pequenas modificacións e apliqueilles unha nova redacción, pero todos parten de correos electrónicos que circulan por Internet e conteñen historias que, en maior ou menor medida, causaron algún dano ou confusión ou pretenderon causalo.-¿Xa lé en libro electrónico?-Teño unha certa biblioteca de libros electrónicos, aínda que maiormente en pdf, que leo en pantallas diversas. Creo que os escritores hoxe temos que ler en todo tipo de soportes, pero estou convencido de que o futuro xogará a favor da lectura en rede e das pantallas manexables.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)