29.3.04

Europercorridos

Ante a proximidade da Semana Santa (que, por fortuna, xa ten ben pouco de santa, que para santos xa temos aos lúcidos bispos da Conferencia Episcopal), volven as axencias a promocionar esas viaxes coas que, en sete días, percorres toda Europa. Debo confesar que nunca deixaron de sorprenderme esas fugaces viaxes organizadas, coas que nunha semana de súpeto che entra toda Europa polos ollos. Sete ou oito países dunha atacada veloz. Se cadra, almorzas en Italia, tomas o café en Suíza, comes en Alemaña, mexas en Holanda e dormes en Bélxica. Ademais, coa moeda única, todo é máis doado. Realmente, esas viaxes deberían chamarse oficialmente "europercorridos". E, por suposto, merecerían ser subvencionadas pola Comisión Europea, en consonancia co espírito europeísta que as promove. Se cadra, perfeccionándoas un pouco os viaxeiros mesmo poderían elixir países, coma se a viaxe fose un menú á carta. E, a partir do vindeiro 1 de maio, polo mesmo prezo, tamén Polonia, Hungría, República Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Lituania, Letonia, Estonia, Chipre e Malta.

Teño que recoñecer que cando eu tiña vinte anos tamén facía esgotadores "europercorridos". Viaxaba co Interrail, ese fantástico billete de tren que daquela che permitía atravesar libremente toda Europa en vagóns de segunda clase. O que había máis alá dos Pirineos era para nós un misterio ignoto que desexabamos descubrir. Podía suceder, por exemplo, que apañásemos o tren en Vigo e non parásemos até chegar a Estocolmo, excepto para facer os pertinentes transbordos e quizais unha pequena escala para mexar. Os bocadillos e as latas acabábansenos á altura de Bruxelas e logo pasábamos fame, pois non podíamos pagar os "europrezos" da cafetería do tren. E aínda non existía a moeda única. E se, chegados a Estocolmo, chovía demasiado, tres días despois aparecíamos, por exemplo, en Zagreb, cando aínda os seus moradores nin sequera sospeitaban que habitaban a futura capital de Croacia. Claro que daquela estabamos a descubrir o mundo (que resultou ser circular, como as pescadas que morden a cola) e as nosas viaxes tiñan un aire iniciático, romántico e rebelde que non teñen as das tours-operadoras.

O roubo

Máis dunha ducia de días de frenéticas e diversas actividades mantivéronme afastado de Cabrafanada. Agora, volvo roubarlle á miña vida un oco para este espacio. Cando o tempo empuxa con malos modales, o mellor disimular, facerse o distraído e roubarlle os minutos ás caladiñas.

17.3.04

Silencio, en camiño

A partir de mañá Cabrafanda permanecerá en silencio até, polo menos, o vindeiro mércores. Marcho, convidado pola ONG Acción contra a Fame, a facer o tramo galego do Camiño de Santiago, nun acto simbólico de solidariedade. Se os meus previsiblemente derrotados músculos me desen para atopar un ciber e escribir unhas liñas, faríao, pero non creo que a miña capacidade física me permita tal licencia.

¿Verdadeiro ou falso?

Reproduzo este correo electrónico que me chegou por dúas vías diferentes. Un deles é exactamente o que reproduzo aquí e o outro ten algunha imperceptible modificación pero fáltalle o derradeiro párrafo.





EL GOLPE DE ESTADO DEL PP



El cineasta Pedro Almodóvar levantó el escándalo sólo dos días después de las Elecciones Generales del 14-M: "Tenemos que entender algo terrorífico. El PP estuvo a punto, el sábado a las doce de la noche, de provocar un Golpe de Estado". ¿A qué se refiería exactamente?

Algunas páginas web de información alternativa publicaron un texto cuya fuente atribuyen a la Cadena SER y que dice lo siguiente:

Ayer (sábado) a las 00:00 de la noche el gobierno popular se encontraba reunido y para redactar dos comunicados que debia firmar el Rey. En esos comunicados se convocaba el estado de excepcion y se retrasaba el proceso electoral. Habia un plan A, que pretendia retrasar las elecciones hasta otoño, y un plan B que pretendia retrasarlas hasta dentro de dos meses. El informador, que se encontraba en la Junta electoral central, vivió de cerca todo el proceso: la presentacion de los comunicados a la junta electoral central, segundo paso en este preocupante intent

Posteriormente el ministro Acebes se desplazaba junto a otros miembros del gobierno al palacio de la Zarzuela para intentar conseguir la firma del rey, requisito imprescindible para convocar este estado de excepcion. Dede Zarzuela se negaba esa firma, por considerarlo, segun afirman fuentes anonimas de la casa real a nuestro informador, "un golpe de estado de facto". El tono de las notas era, segun el informador, alarmante, y en el se mencionaba la creacion de una situacion nacional que incluia presencia no solo policial sino militar en las calles.

La denegacion de la firma por parte de la casa real, asi como las reiteradas negativas desde policia nacional para disolver con los antidisturbios las concentraciones pacificas por todo el pais, hicieron desistir de su intento al gobierno, que anunciaba a la JEC la anulacion de ese proceso hacia las 2.15 de la mañana, aludiendo ademas de estos motivos, alarmantes nuevas noticias.

A lo largo del dia de hoy (domingo), hemos podido confirmar esta noticia mediante diversas fuentes autorizadas, que además nos hablaban de una reunion celebrada en Madrid entre diversos responsables de servicios informativos de distintos medios en los que, dentro de una gran polemica, se decidia no divulgar esta información en diarios, televisiones y radios al menos hasta una proxima reunión en la tarde de mañana lunes, una vez terminado el proceso electoral.

El texto que hemos recogido íntegramente circula ya por Internet también a través del correo electrónico y, al igual que ocurrió en las convocatorias ante las sedes del PP el día 13, ya nadie lo podrá parar. Lo que queda por saber es si algún día conoceremos la verdad de una noticia que, por el momento, los grandes medios han silenciado. Almodóvar expresó su deseo de que se conozcan los detalles de la supuesta operación. ¿Querrá el PSOE aclarar esta grave acusación contra el PP y el Gobierno?

Uf!

Respiramos.

14.3.04

Casualidades

Cando, de madrugada, o ministro do Interior, Ángel Acebes, desvelou, finalmente a existencia dun vídeo de Al Qaida reivindicando a autoría dos atentados, que confirman (a pesar do goberno) o que xa sabiamos, que a sinatura dos atentados está escrita polo integrismo islámico, os responsables da primeira cadea de TVE, na noite do sábado, xusto unhas horas antes de que se abran os colexios electorais, elixen casualmente unha película sobre ETA (que non consta, por certo, na programación) para ofrecerlles aos televidentes.

O PP despídese da lexislatura coa mesma manipulación que caracterizou todo o seu mandato.

¿En nome de quen?

¿Que tipo de individuos son quen de realizar un acto como o dos atentados de Madrid? ¿En nome de quen e de que se pode xustificar? ¿Quen son eses engreídos deuses que se queren redimir a costas das nosas vidas en nome dun Alá que eles mesmos inventan e terxiversan? ¿En posesión de que mísera verdade están estes lunáticos da relixión para falsificar ese islamismo putrefacto e asasino? Al Qaida é a pura negación do ser humano.

11.3.04

Horror

Fanáticos, integristas, sanguinarios sen conciencia, se foron os de ETA.

Fose quen fose, que apodrezan para sempre na súa propia miseria.

10.3.04

¿Solidariedade?

A activa Asociación de Amigos del Pueblo Saharaui de Extremadura acaba de dar un paso que me parece bastante discutible e, sen dúbida, imprudente. Cedendo ás peticións das familias que acollen nenas e nenos saharauís no programa "Vacacións en paz", acaban de solicitarlle ao goberno saharauí no exilio de Tinduf que para este ano, a Extremadura, volvan os mesmos nenos e ás mesmas familias en que estiveron o pasado ano.

Esa, sen dúbida, é unha das dinámicas perversas contra as que o programa "Vacacións en paz" ten que loitar desde o seu inicio. Os nenos e nenas saharauís que veñen ao Estado español fano habitualmente en función dos seus resultados escolares, das súas necesidades persoais e doutra serie de criterios imparciais que os saharauís establecen para conseguir unha sociedade máis aberta, máis plural e máis xusta, na que todos e todas teñan igualdade de oportunidades. Co devandito programa preténdese que a maior cantidade de nenos e nenas posible poidan aproveitar a oportunidade de pasar un verán fóra dese deserto áspero e cruel que os ten amarrados á súa penosa vida de refuxiados.

E aínda que poida resultar comprensible a actitude das familias de acollida, que acaban por sentir un enorme afecto polos cativos, cando se ofrecen a un acto de voluntariado como é o de ser anfitrións durante un verán dun neno ou nena saharaui están obrigados a comprender as circunstancias políticas e sociais do pobo ao que eses cativos pertencen, e teñen que ser conscientes de que existen moitos outros nenos e nenas saharauis que tamén desexan a oportunidade de gozar dunhas vacacións lonxe do pedregal que habitan.

Ás veces, a actitude de moitas das familias de acollida (en Galicia tamén) é a de tratar aos nenos e nenas saharauís coma se fosen desherdados que carecesen de nai e de pai, e mesmo de dignidade, coma se o único que precisasen fosen bens materiais. Evidentemente, esa é unha actitude tan perversa como profundamente colonial.

Se as familias desexan axudar de verdade a eses nenos e nenas deben asumir que o seu problema é principalmente político, e non humanitario, e que só a vía concienciación, da presión e da loita política pode devolverlles ese futuro que primeiro lles roubou España e agora Marrocos.

7.3.04

Luísa Villalta

Cabrafanada rompe hoxe o seu silencio coa conmoción da inesperada morte de Luísa Villalta. Marcha sen despedirse, Luísa, co seu último poemario aínda inédito e moitos proxectos definitivamente inacabados. Despediuse, con todo, da súa cidade, á que lle rende unha expléndida homenaxe desde as páxinas de "En concreto". Dentro de dez días, e a instancias dunha ONG, Luísa ía participar nun grupo de dez escritores que viviriamos unha interesante experiencia a favor da solidariedade.

Outro golpe máis para a literatura galega, logo da recente morte de Xela Arias. Agora só cabe reler a súa poesía, imperecedeira. Que o vento de Riazor lle sexa sempre favorable.

4.3.04

A despedida

O último acto institucional de Aznar como presidente do goberno foi a inauguración dunha macroexposición en Valladolid sobre Isabel La Católica. Nós coñecémola ben pola frase aquela de "doma y castración del Reino de Galicia".

Pouco antes Aznar participou no acto de entrega de medallas aos soldados españois que, con tanta entrega e valor, reconquistaron para o Reino de España a gloriosa illa de Perejil.

Os dous actos definen o seu talante á perfección. Non puido elixir unha despedida máis simbólica.

2.3.04

Pedagoxía avanzada

Hai uns días fun dar unha charla a un colexio. Eran rapazas e rapaces de 5º e 6º de Primaria (de dez e once anos, para que vos fagades unha idea). Teoricamente, eu ía falar de Cidades e O brillo dos elefantes, pero unha vez alí decateime de que en realidade leran Males de cabeza. A verdade é que quedei abraiado. Non tanto pola asombrosa capacidade lectora dos rapaces e rapazas como pola condición extremadamente flexible do meu libro, con esa descoñecida dimensión de obra infantil. Sendo así, debo confesar que nunca se me ocurreu lerllo á miña filla, que anda a perder o tempo co elefante Elmer. Claro que este tipo de lecturas teñen un pequeno problema: eses rapaces non volven ler un libro meu na súa vida. Normal. Non é que queira tirar pedras contra o meu propio tellado, pero eu, no seu caso, faría o mesmo. En canto aos profesores do centro, seguro que nunca oíron falar de Piaget. A vida é tan breve que non hai tempo para todo.