Cabrafanada rompe hoxe o seu silencio coa conmoción da inesperada morte de Luísa Villalta. Marcha sen despedirse, Luísa, co seu último poemario aínda inédito e moitos proxectos definitivamente inacabados. Despediuse, con todo, da súa cidade, á que lle rende unha expléndida homenaxe desde as páxinas de "En concreto". Dentro de dez días, e a instancias dunha ONG, Luísa ía participar nun grupo de dez escritores que viviriamos unha interesante experiencia a favor da solidariedade.
Outro golpe máis para a literatura galega, logo da recente morte de Xela Arias. Agora só cabe reler a súa poesía, imperecedeira. Que o vento de Riazor lle sexa sempre favorable.
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.