31.5.10

Poemas con música

Hai uns meses chegoume un correo de María e Tomás, dúas persoas a quen non coñezo, solicitándome permiso para colgar na súa web tres poemas meus, traducidos e publicados en castelán.
Ela é a lectora e el é o técnico. Ela é a voz e el é o son. E teñen unha fermosa e intersante páxina a través da que ofrecen textos literarios lidos con música e gravados no seu estudio. A maior parte das producións sonoras emítense previamente na radio libre TAS-TAS, de Bilbao e tamén entre círculos de persoas interesadas na lectura e na súa promoción. Xa que logo, ademais dos meus poemas, recomendo a súa páxina, en euskera (a maior parte) e castelán, desde a que pretenden ofrecer textos interpretados a partir dunha atmósfera coidada, con mimo e sen presas.

24.5.10

Xabier P. DoCampo anuncia unha autobiografía

Xabier P. DoCampo está a publicar unha serie de cinco post no seu blog de carácter autobiográvico de "cousas que nunca contara". Todo apunta a que vai ser o inicio dun proxecto de escrita sobre a súa propia vida. Segundo as súas propias palabras: "Nunha serie de cinco post sucesivos que vou publicar no meu blog, propóñome contar un anaquiño da miña vida que, sen telo oculto nunca, non contara até agora. Isto só é un ensaio para facer desta legua do meu camiño da vida mateira literarria que acabará por saír por algures un día ou outro". Moitos parabéns por abordar ese xénero tan escaso na nosa literatura e adiante.

17.5.10

Os bufóns celebrando o etnocidio

Ninguén dubida xa da nosa identidade, nin os inimigos da Lingua propia, que anque non a queiran nin a falen será sempre o galego. Repito: hai cousas que non as escolle un, escolleunas a historia.

Uxío Novoneyra, Os soños teimosos



O coitelo afundido na lingua
e os bufóns celebrando o etnocidio.

Paco Souto, As árvores do incesto

16.5.10

O fruteiro dos libros

Mañá, o froiteiro dos libros, Xosé Lois Vilar estará en Sabarís vendendo froita e agasallando libros á súa clientela. Nada estraño, por outra parte, neste incansable activista, empresario, arqueólogo, historiador e investigador que preside SOS Groba. Parabéns e bo día entre a froita e os libros.


(Foto de Paco Vilabarros, ANT).

13.5.10

Entrevista inédita con Novoneyra (1985)

Chave das noces, o diario da biblioteca do IES de Foz publica hoxe unha entrevista inédita con Uxío Novoneyra realizada en 1985 por alumnos/as do centro. Nela, Novoneyra fala da poesía, lingua, da literatura, da AELG, etc. Parabéns pola inicitiva.









10.5.10

Intervención na TVG o Día do Libro

A miña intervención no programa Bos Días, da TVG, o 23 de abril, Día Interncional do Libro, representando á Asociación Galega de Editores.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

2.5.10

O rally das charlas de Abril

O rally de charlas destes mes de abril que acaba de rematar levoume, Galicia adiante, polos seguintes centros de ensino: IES de Poio, IES O Mosteirón de Sada, CPI Atios de Valdoviño, Colexio Sagrado Corazón de Ferrol, Colexio Bouza Brey de Vigo, IES Santo Tomé de Freixeiro de Vigo, IES Otero Pedrayo da Coruña, IES Adormideras da Coruña, IES Rafael Dieste da Coruña, IES Urbano Lugrís da Coruña, IES Oroso (Concello de Oroso), CEIP Santa María das Pontes e CPI Monte Caxado das Pontes.
Agora quédanme as do mes de maio.
Os libros dos que fun falar, máis ou menos por orde de frecuencia, foron: Cartas de amor, Poetízate, Folerpas de Novoneyra, Cidades e Males de cabeza.