Reproduzo o vídeo da presentación da miña novela «Cáncara», que conta a detención da vaca Pinta en Baiona en 1983 por orde do alcalde da vila, Benigno Rodríguez Quintas. A presentación tivo lugar na libraría Cartabón o 22 de maio, con Sara Vila e Xosé Lois Vilar. O vídeo foi gravado polo fotógrafo José Gorís.
5.5.26
Reproduzo aquí a entrevista que me fixeron en Nós TV sobre a miña novela Cáncara, que parte do suceso real acontecido en outubro de 1983 cando o alcalde dunha vila mariñeira ordena apresar e
deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea
ao calabozo do Concello.
A noticia da detención da vaca, que logo pasou a ser coñecida como vaca Pinta, percorre o mundo, e
publícase no «New York Times» e no «Washington Post».
A partir deste feito insólito, escribín unha novela sobre o
poder, ateigada de humor, que reconstrúe os feitos reais. «Cáncara» é
unha novela que serpea entre a fábula, a crónica, a lenda, a sátira, a
memoria e a narrativa contemporánea, converténdose nunha historia que
afunde as súas raíces na crítica social e que se conforma como unha
radiografía das transformacións sociopolíticas actuais