Quen crea os hoax? Por que? Esa é a investigación que leva a cabo na rede o escritor que protagoniza unha das historias de Ninguén.
Ao mesmo tempo, diferentes hoax vertebran todo o libro, establecendo un fío de conexión entre as distintos relatos.
_____________________________
Ninguén será presentado no salón do Culturgal o domingo 4 de decembro ás 16,30 horas cunha conversa entre a xornalista Belén López e eu.
_____________________________
Nunca picaches con algún dos hoax que vertebran Ninguén? Non pensaches, hai anos, cando comezamos a usar o correo electrónico, que Nokia regalaba teléfonos móbiles? Non liches nalgún momento que as operadoras de telefonía ían comezar a cobrar polas chamadas perdidas? Non tiraches ao lixo un ficheiro .exe do teu ordenador porque supostamente contiña un virus? Non che chegou a noticia de que unha nena precisaba unha operación carísima e que por cada mail reenviado a familia recibía unha pequena cantidade para poder operalo? Tamén son hoax, historias de ficción que, cando as cremos, pasan a formar parte da nosa realidade. Son historias que a viralidade de Internet potencia incriblemente.
Os hoax circulan tamén por Facebook, comunmente disfrazados de cadeas de solidariedade. Pero tamén afectan á propia imaxe da rede social. Non viches iso no taboeiro?:
Tamén é mentira, claro. Outros son máis directos e persiguen captar correos electrónicos ou datos persoais, como este:
Asunto: Se ha superado el límite de almacenamiento en su buzónOs personaxes de Ninguén móvense nunha nova dimensión da relación social, unha relación mediatizada por barreiras invisibles, que non se ven, que non son tanxibles, pero que están aí, cada vez en maior medida. É o que lle sucede ao escritor do último relato; ou a Sara, que establece unha relación a través da rede; ou a S. Lonely, que ten que se enfrontar á despersonalización da tecnoloxía.
De: Bruce Wood
Fecha: 27 de septiembre de 2011 04:23:48 GMT+02:00
Para: Undisclosed recipients: ;
Se ha superado el límite de almacenamiento en su buzón
Usted no será capaz de enviar o recibir mensajes nuevos hasta que actualice su
e-mail de cuotas.
Copie el enlace de abajo y rellene el siguiente formulario para actualizar su cuenta.
http://server1.graceccnc.org/forms/use/samform/form1.html
Administrador del sistema
192.168.0.1
En calquera caso, todos os personaxes habitan tamén e, sobre todo, o mundo real, representado por un edificio, como metáfora do mundo, edificio no que as vidas dos veciños se perciben a través dunha ollada indiscreta, suposta e adiviñatoria. Un mundo que, en definitiva, é o noso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario