25.11.11

Enlaza Vigo: contra a violencia de xénero

Hoxe, 25 de novembro, participarei ás 11 da mañá no acto que organiza o Consello Municipal da Muller e da Concellería de Igualdade de Vigo no Día Internacional contra a Violencia de Xénero e que consistirá nunha cadea humana para denunciar e concienciar a sociedade sobre a violencia de xénero.
Na cadea humana vanse colocar 600 siluetas de muller, en representación e homenaxe ás vítimas da Violencia de Xénero que se contabilizan desde 2003 en España, segundo datos do Ministerio de Igualdado. Deste xeito simbólico, preténdese facer visible a traxedia que representa o terrorismo machista. Enlaza Vigo está presente nas redes sociais a través de twitter e facebook.

 Reproduzo a continuación o texto que escribín para as redes sociais de Enlaza Vigo:


A violencia de xénero é un dos actos máis cobardes, miserables, malvados e indignos de cantas atrocidades existen no século XXI.

O maltratador aseméllase a unha serpe velenosa que muda a pel en función do momento ou da persoa que teña diante. Ás veces loce a súa pel violenta, ruín, impasible e destrutora, pero outras veces móstrase amable, conciliador e condescenciente.

No fondo, a súa cobardía é xigantesca, porque é a dun home acomplexado. A sociedade deber ser intolerante cos seus comportamentos. Eu, Ti. Nós. Todos. Todas. Que non te engane. Que non nos engane. Non sexamos cómplices.

Como home, estes individuos fanme sentir vergoña allea. Cos maltratadores, permisividade cero, condescendencia cero.





Ningún comentario:

Publicar un comentario