A través do twitter de
Marcos Calveiro souben que a
Araña e mais eu estaba incluído nas listas de Honra da revista
Clij entre os 60 mellores libros publicados en España no 2009. En total, hai sete libros da literatura infantil e xuvenil galega: un do propio Calveiro (
O canto dos peixes), dous de Antón Fortes (
Caderno de animalista e
Fume), Agustín Fernández Paz (
Lúa de Senegal), Chus Pereiro (
Restaurante Farruco) e Marilar Aleixandre (
A cabeza de Medusa). Os meus libros
Cidades e
O brillo dos elefantes tamén formaran parte destas listas no seu día.
Con respecto a
A araña e mais eu, nunca cheguei a dar noticia en Cabrafanada de que o pasado mes de decembro, este libro foi Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil galego do ano 2009.
A araña e mais eu tamén
foi votado entre os tres mellores libros infantís do 2009 pol@s lector@s de
Fervenzas literarias. A tradución ao portugués foi incluída na selección de lecturas do proxecto "
Ler para crescer", da Fundação Gulbenkian. E en canto á tradución ao español, pode lerse a súa
ficha en S.O.L.
Ningún comentario:
Publicar un comentario