14.12.09

Sobre o e-book e a propiedade intelectual

Polo momento, o meu artigo en ANT desta semana. Será un tema que amplíe en Cabrafanada en canto dispoña dun pouco de tempo, porque me parece un tema abondondo relevante para crear debate e evitar tanto as demagoxias como os prexuízos.

9.12.09

A cara oculta de Facebook

Unha visión apocalíptica e catastrofista, sen dúbida, pero que tamén supón un aviso importante ante o uso acrítico das redes sociais.

2.12.09

Club de lectura Anxel Casal

O pasado 28 de outubro estiven no Club de Lectura da Biblioteca Pública Ánxel Casal, de Santiago de Compostela, falando de Males de cabeza, o libro escollido para esa sesión do club. Soprendeume moi gratamente a profundidade da lectura e do debate que os asistentes ao club estableceron en torno ao meu libro. Resultou moi grato e satisfactorio escoitar as opinións daqueles lectores e lectoras que non só leran o libro senón que, a maiores, coñecían practicamente todas as súas referencias literarias e cinematográficas. Para a lectura de cada libro, establecen dúas reunións previas e un encontro final, xa co autor ou autora presente. O resultado é magnífico.
O próximo 18 de decembro estarei, novamente con Males de cabeza, no Club da Axencia de Lectura de Xeve, en Pontevedra, e en xaneiro no Club de Lectura de Pontevedra.