26.8.12

A Gran Vía de Vigo, anos 70

A Gran Vía viguesa, nos anos 70 (principios, supoño). Unha imaxe que case teño borrado da memoria, a pesar de que unha boa parte da miña infancia transcorreu aí, detrás do eficio en construción que se ve na dereita. Case no había coches e a esquina da Gran Vía con Urzáiz (daquela, José Antonio) estaba presidida pola librería La Rápida. Logo o escaléxtric modificou completamente esa paisaxe urbana.