31.1.13

Conversando con María Solar no Zig Zag

María Solar entrevistoume hai un par de semanas no programa Zig Zag, da TVG, sobre a miña novela A punta de pistola (aquí pode descargarse un completo dossier moi gráfico sobre a novela), e sobre a reedición, na colección Sopa de Libros, do poemario infantil Cidades, que eu mesmo ilustrei (con certo descarado atrevimento, desculpando). A entrevista vai desde o blog da camioneira Camila ás fotografías manipuladas que empreguei en Cidades. Por suposto, moitas grazas a María e a todo o equipo do Zig Zag por estar aí a diario, dándolle visibilidade á cultura.