27.9.10

O libro da miña vida

Nas charlas nos centros de ensino, as rapazas e rapaces sempre me preguntan cal foi o libro que máis me influíu. O libro da miña vida. Francamente, gustaríame sabelo, porque non o sei. Estou seguro de que houbo libros moi moi decisivos en min, pero nunca me atrevería a dar títulos. Entre outras cousas, porque descoñezo cales foron. Foron moitos, sen dúbida, e débome a todos eles. Tal e como manifestei hai tempo nunha entrevista de Manuel Vidal Villaverde para Galicia Hoxe, "ao longo da miña vida houbo moitos libros moi importantes, pero creo que ningún decisivo. Iso ten que ver co meu carácter, escasamente mitómano e profundamente heterodoxo. Hai determinados libros, determinadas lecturas, en plural, que as vinculo con distintas épocas da miña vida e que constituíron miradas, formas intensas pero parciais de ollar o mundo en cada momento".

14.9.10

Proposta escénica a partir de Cidades

Os alumnos de 1º D do IES Illa de San Simón de Redondela fixeron unha excelente proposta escénica a partir de varios poemas de Cidades, que foron representados por cunha abraiante capacidade plástica. Parabéns.







6.9.10

Parque da Prehistoria

No último mes de abril estiven aquí, no Parque da Prehistoria de Teverga, en Asturias, no fermoso Valle del Oso. Moi recomendable. ¡Moito terían que aprender as distintas administracións galegas das infraestruturas culturais asturianas!