Esta entrevista (pode escoitarse abaixo) que o voceiro da extrema dereita española e xornalista da COPE Federico Jiménez Losantos lle fai ao triste candidato do PP en Galicia, Alberto Núñerz Feijoo é terrible. Vemos a un Jiménez Losantos que, a través dunha selección manipulada e ben orientada de preguntas dos oíntes, presenta como verdade o acoso ao castelán en Galicia e pon ao dobregado Núñez Feijoo contra as cordas. Núñez Feijoo, que ultimamente se acompaña da galegófoba Corina Porro, deixa claro nesta entrevista que o PP galego asume os postulados da COPE madrileña e de Jiménez Losantos contra a lingua galega.
Estou seguro de que Feijoo non cre o que di. Non pode ser tan idiota. Está xogando a gañar algúns votos, pero quen xoga con lume acaba queimándose, porque os galegos e galegas non somos tontos. ¿De verdade cre Alberto Núñez Feijooo tanta mentira, tanta falacia, tanta intoxicación informativa, tanta maldade como a que sae da súa boca e do xornalista principal da cadea da igrexa católica?
Por certo, asegura Feijoo que se o PP chega ao poder o suprimiría inmediatamente as galescolas, o que en realidade sería contradictorio con esa liberdade de elección que din defender, pois ninguén obriga os nenos a ir ás galescolas. É unha elección libre. O PP demostra, unha vez máis, que non lle interesa loitar a favor dos dereitos das persoas ás que di defender senón negarnos os dereitos aos demais. ¿Acaso non é fascismo negar os dereitos aos outros? Eu téñoo moi claro, señor Feijoo. Só espero que caia vostede nun interminable pozo negro co resultado das eleccións. É o que merece. Vostede nin sequera dá a talla de político. É un perigoso manipulador que consinte a manipulación. E iso sobrepasa os límites da decencia política.
Non é galegofobia criticar o actual sistema de normalización. É democracia. É, pola súa banda, maniqueísmo.
ResponderEliminarNon se pide pechar as galescolas senón que tamén exista unha oferta pública en castelán no mesmo sector educativo. O argumento de que se é libre de acudir a elas ou non resulta pouco convincente pois a moitos galegos, ou poucos, se se quere, parécelle que se debería ensinao ós nenos nas garderías na sua lingua materna. Algo que, xustamente reclámase para os galegofalantes non oé para os castelán falantes. Un desatino.
Prezado anónimo/a: Non é galegofobia criticar o sistema de normalización lingüística, si o é sumarse aos postulados galegofóbicos de Galicia Bilingüe. E iso de que non se pide pechar as galescolas é que se cadra non escoitou vostede a entrevista de Feijoo. Dío ben clariño, fillo/a,non hai máis que poñer a orella pegada ao mp3. Se vostede cre que os castelán falantes e non os galego-falantes son os que están discriminados quizais se deba a que vivimos en países distintos. O meu é Galicia. ¿É o seu?
ResponderEliminarPor certo, na enquisa electoral que hoxe fai o diario Público, (http://www.publico.es/espana/196444/bipartito/revalida/mayoria/galicia) resulta que o que máis valoran os galegos e galegas son a política lingüística e o turismo. Igual que Jimenez Losantos, xustamente.
Saúdos e saúde, prezado/a anónimo/a.
Vivimos en países distintos, indudablemente. A galegofobia á que alude non a vexo e sí a libertofobia de outros, ou totalitarismofilia, qué máis da. Insisto no seu pobre argumento sobre as galescolas e finalmente lle aconsello, pola miña parte, outras tantas enquisas nas que o pobo galego mostra os seus "equivocados" hábitos lingüísticos que a política que vostede defende, pretende "correxir". Claro que iso é autoodio e a enquisa de Público pura ciencia.
ResponderEliminarUn saúdo.
¿Pobre argumento, prezado anónimo? Eu non dei argumento ningún; remitinme aos feitos. E non me parece que ninguén a quen eu (que dou abertamente a cara) lle dou opción de facer comentarios anónimos no meu blog teña lexitimidade para falarame de "libertofobia", sinceramente. O seu problema é que en Galicia existe un sector minoritario pero con moito eco nos medios ao que non lle molesta que o galego exista, e mesmo o emprega como estratexia, pero que baixo ningún concepto quere consentir que se equiparen os dereitos dos galegofalantes cos dos castelanfalantes, que é o que pretende timidamente a actual política lingüística; unha política lingüística para o ensino, por certo, que se puxo en marcha baixo o goberno de Fraga Iribarne e se basea nun modelo igualitario e integrador, moi distinto dos criterios segregadores (aínda que seguramente máis eficaces) que se puxeron en marcha en Euskadi.
ResponderEliminarAsí son os feitos, estimado anónimo.