A cuberta de U
n país a medio facer é un deseño excepcional (como a maior parte dos seus) de
Miguel Vigo. A cuberta representa a imaxe dun país que vivía obsesivamente o feito de querer ser normal ao tempo que descubría as feridas no seu propio corpo. O feísmo aínda non se chamaba "feísmo", pero Galicia quería a toda costa mudar o pelexo, cubrir o ladrillo con mampostería ou con pedra máis elaborada. A nosa, era a pel dun país que retiña aínda o sabor dos longos anos da represión.
O libro abre cunha cita de Manuel Rivas de maio de 1990 que pertence a unha das entrevistas do libro:
"En Galicia hai un esqueleto, hai uns cimentos, pero fáltalle a alma, falta habitala con plena consciencia, completar a obra, poñerlle as súas paredes e prender un lume dentro. Esas casas están aí porque a xente non conseguiu os medios suficientes para acabalas ou renunciou a ter unha casa de seu. Espero que para Galicia o final da metáfora sexa distinto".
Ningún comentario:
Publicar un comentario