Marisú Garrido, unha das coordinadoras do Club de Lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura, enviou aos asistentes ao club un enlace sobre a arquitetura viguesa perdida para poder seguir o rastro da cidade en Os fillos do mar, de Pedro Feijoo, a novela que se lerá para a seguinte sesión. Lembro ver este vídeo, ou algún outro parecido, nalgures, hai algún tempo, pero realmente a reconstrución infográfica que se realiza da arquitectura perdida, destrozada, é moi boa. Supoño que o vídeo se basea, inevitablemente, en La ciudad que se perdió, do arquitecto Jaime Garrido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario