6.5.13

O meu poema «Creación», musicado a golpe de guitarra por César Castillo

César Castillo, alumno non galego do IES Pintor Colmeiro de Silleda, musicou un poema do meu libro Transición (2011), tal e como recolle o blog Trafegando Ronseis. Desde Cabrafanada, quero mostrarlle o meu agradecemento a César. Aínda que tiven ocasión de escoitalo en directo, esta gravación en vídeo ofréceme a ocasión de compartilo. O poema titúlase «Creación».

Creación


A cadeira arrimada.
Crisálida.
O corpo tenso.
Posición branca:
á espera,
sen versos.
Nin larva.
Que non se meta non fose non rompe.
Que non se sabe non senta non é.
Que non hai abrocho espera imposible.
Que o poema non existe
de seu é
tema flema teorema.
Non é larva.
Non corpo:
nin hai nin ten
palabras
existen de seu.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario