27.10.07

26.10.07

Chus Pato en inglés

Charenton, o último poemario de Chus Pato, en inglés, traducido por Eirin Moure.
A literatura galega lánzase ao espazo.

23.10.07

Cambio climático (2)

Un anuncio incómodo: Mediterraneo. Greenpeace e Canal +.

Rubén Ruibal

Un escritor blogueiro, Premio Nacional de Literatura Dramática 2007. Mentres Alicia crece, Rubén Ruibal escribe. Limpeza de sangue é o texto gañador, que xa conseguira o Premio Álvaro Cunqueiro 2005. Parabéns.


22.10.07

Cambio climatico (1)

Un anuncio incómodo. Greenpeace e Canal +

20.10.07

Política lingüística

Estes son os datos:

1992: o galego é a lingua inicial do 60,3 % da poboación (lingua maioritaria de adquisición primaria).

2004: o galego é a lingua inicial do 35,7 % da poboación (lingua en que o individuo aprendeu a falar).

Desa porcentaxe do 35,7% do ano 2004, un 20,6% aprendeu a falar "só en galego" e un 15,1% aprendeu a falar "máis en galego que en castelán". Pola contra, o 62,1% dos galegos aprendeu a falar única ou preferentemente en castelán.

¡Só doce anos despois!

¿Que pasará co galego dentro doutros doce?

Procedencia dos datos: Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Vol. I: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coruña : RAG, 2007. Recén publicado.


19.10.07

O activismo que move muíños

A miña crónica cultural no suplemento Luces de El País de hoxe titúlase "O activismo que move muíños" e céntrase no arqueólogo e activista Xosé Lois Vilar e tamén no proxectado Parque eólico da Serra da Groba.

María Lado, videocreadora

Moi recomendable é a nova exploración poético-tecnolóxica de María Lado na videocreación. En Cabrafanada xa anunciei o seu poemario Berlín en MP3. Agora, María volve coa súa sorprendente capacidade creativa para ofrecernos un poema de Nove, o libro aínda inédito co que gañou o Premio de Poesía Avelina Valladares. O videopoema «Percebes» está feito coa colaboración de Mig Seone. Adiante.


18.10.07

Love letters

Love letters, a book for young adults. In Read Galicia.

E o que escribiron sobre o libro no blog do IES de Teis (Vigo).