31.5.11

Volve Dios ke te crew e non me dá ighual!

Dios ke te crew é unha das bandas galegas que máis vibración me producen, co seu hip hop políticamente incorrecto e macarra. Agora sacan novo disco, titulado Humanose, que estará á venda a mediados de xuño. Pódese ler na súa web e descargar un tema de promoción titulado «Dame ighual». Eu xa o escoitei. Sensacional. No vídeo, un tema xa clásico de Xénese.

30.5.11

Vídeo do poema Miau, de «O meu gato é un poeta», feito por rapaces de infantil

Vídeo do poema «Miau», de O meu gato é un poeta, feito polos alumnos de 4º de infantil do CEIP Felipe de Borbón (Salvaterra de Miño).

23.5.11

19.5.11

A camareira do meu amor, por María Xosé Queizán

Recibín por correo electrónico este escrito de María Xosé Queizán, que reproduzo.

A CAMAREIRA DO MEU AMOR

No noso país e nos que nos rodean sería impensable a detención e ingreso en prisión de Strauss-Kahn.. É posible na democracia americana. Algo que debe servir para recapacitar a aqueles que aforran calquera compromiso dicindo que todo é culpa dos americanos, como fan os conservadores con Zapatero.
Por estes lares, que unha camareira de hotel, inmigrante africana, negra, denuncie de abuso sexual e intento de violación a un dos homes máis importantes do mundo, sería surrealista. A propia traballadora nin sequera o intentaría ao saber de antemán que a súa palabra non ía ter valor nin creto. Porén, a camareira dun hotel de Nova York fíxoo, confiando nas leis estrictas do país para tales delictos, acusou de intentar forzala a actos sexuais, oral e anal, a Satruss-Kahn, no seu cuarto, onde entrara para limpar. Nin sequera sabía quen era.
O autor da agresión e intento de violación, é, nada menos que o Director do F.M.I., máxima autoridade no ámbito económico, que aspiraba a Presidente da República Francesa, polo partido socialista.
Foi detido a punto, cando xa tomara precipitadamente, un avión de Air France para marchar ao seu país. Foi sacado do avión, esposado e conducido á comisaría. Sometido a unha roda de recoñecemento, a vítima identificouno como o agresor.
Non foi aceptada a fianza que estaban dispostos a pagar os seus avogados, 1 millón de dólares. Unha cifra importante para o director do FMI, pero que non lle serviu de nada para impedir que se faga xustiza. Está no cárcere co traxe de penado. Daría algo por ver unha foto.
O partido socialista francés e os compañeiros do FMI, falan de momento da presunción de inocencia. Mostro a miña solidariedade coa guineana que desde hoxe será Camareira do meu amor.
María Xosé Queizán

17.5.11

Espectáculo poético-musical «O meu gato é un poeta» na Coruña este venres 20, con Fran Alonso e Xurxo Souto

Este venres 20 de maio, ás 18,30 h da tarde, na Biblioteca da Asociación de Veciños de Monte Alto (Campo de Marte s/n) da Coruña terá lugar o espectáculo poético-musical O meu gato é un poeta dirixido a nenos e nenas de 4 anos en diante e tamén a adultos, no que participarán o escritor Fran Alonso e o músico Xurxo Souto. O acto está organizado por Xerais e pola Librería Sisargas da Coruña. Durante a sesión, a poesía convertirase en máxia, convertirase en música, convertirase en xogo e soará o acordeón.

Grazas aos versos malbaristas do gato poeta, que inspirou o libro escrito por Fran Alonso e o disco composto por Xurxo Souto, poderemos visitar o mar, coñecer o amor, adentrarnos na noite, xogar coa lingua e ver como a poesía se converte nun globo.

Pase de diapositivas do Especátulo poético-musical «O meu gato é un poeta»

16.5.11

O galego entre as linguas do mundo

Os domingos

Un poema de Cidades en vídeo. Este foi realizado por Colegas das Palabras, do IES Julio Prieto Nespereira.

10.5.11

Espectáculo poético-musical «O meu gato é un poeta» en Vigo este venres, comigo e con Xurxo Souto

Este venres 13 de maio, ás 18,30 h. da tarde, a librería Libros para Soñar (Rúa Triunfo 1, Casco Vello) de Vigo acollerá o espectáculo poético-musical O meu gato é un poeta dirixido a nenos e nenas de 4 anos en diante e tamén a adultos, no que participaremos eu e o músico Xurxo Souto. Durante a sesión, a poesía convertirase en máxia, convertirase en música, convertirase en xogo e soará o acordeón.
Grazas aos versos malbaristas do gato poeta, que inspirou o libro escrito por min e o disco composto por Xurxo Souto, poderemos visitar o mar, coñecer o amor, adentrarnos na noite, xogar coa lingua e ver como a poesía se converte nun globo.

9.5.11

Literatura e tolemia: Entre líneas TV

Entre líneas TV. Un interesante programa literario en México. Este programa, dedicado á relación entre literatura e tolemia, un tema que me interesa moito e que explorei en Males de cabeza.