Cabrafanada actualizase habitualmente os domingos e os mércores á noite.

9.3.08

Eleccións Xerais 2008

Por fortuna, perderon as eleccións:

—O PP
—A dereita intransixente
—Rajoy, Acebes, Zaplana, Esperanza Aguirre
—Galicia Bilingüe
—A extrema dereita
—A confrontación, a crispación
—A mentira, as falacias, a manipulación


Pero, lamentablemente, tamén perderon as eleccións:

—O multipardismo
—A pluralidade
—A diversidade
—A diferencia
—O voto con criterio


2 cosmoideas:

tangaranho said...

É certo: o voto como acto ideológico cada dia está mais em desuso, e nestas eleiçons o oitenta por cento longo de eleitores obedecerom às cegas a consigna dos média: há que votar Zapatero ou Rajoy. A gente já nem sequer é consciente de que isso é umha simplificaçom falsa do processo, de que um vizinho de Ponte Vedra nom pode votar a Zapatero, que o que pode fazer é votar ao número um do PSOE por essa província, e aliás a umha lista em bloco, nom a umha pessoa, olho ao dado.

Por outra banda, nom esqueçamos umha cousa: estas eleiçons estiverom marcadas pola exclusom arbitrária e antidemocrática da esquerda abertzale basca. Nom se iam apresentar, mas já de entrada se manifestou que no momento em que aparecera umha lista de EHAK ou ANV, seria invalidada.

Boedense said...

Unhas análises sucintas e claras, coas que coincido plenamente.

Estas foron as eleccións máis presidencialistas que eu recordo. Non vin por ningures ningún cartel do candidato ó Congreso do PSOE pola provincia de Pontevedra, Antón Louro. Tódolos carteis do PSOE aproveitaron a ¿fotoxenia? de Zapatero.

En canto ó BNG, penso que debería presentar como cabezas de listas ó Congreso nos vindeiros comicios a políticos máis coñecidos, de máis renome: Xosé Manuel Beiras? Non se pode desperdiciar ese capital humano.