1.9.08

Setembro

Setembro. Retorna a normalidade, remataron as vacacións, esfúmase a calor, poderemos gozar do outono, anúnciase, ao lonxe, o impertinente inverno, Cabrafanada mudará de pel cando está a piques de cumprir o seu quinto aniversario (en novembro); contestei algúns comentarios atrasados do blog (logo de illarme do mundo sen rede e sen abrir o correo electrónico), o mundo continúa, o tempo pasa (cada vez con máis indicativos para medilo), recupero a forza da escrita (pero fóra do blog) e mantéñome cada vez máis prudente e distante da aburrida actualidade, que non sabe medir o tempo.
Bo retorno.

Ningún comentario: