Durante 20 días permanecín absolutamente desconectado do mundo e, desde logo, do país. Pasei 20 días lonxe de Galicia, sen ler a prensa habitual, sen entrar en ningún dos portais habituais da rede, sen ler o meu correo electrónico, e coa axuda de Cabrafanada, que funcionou sen min, autoprogramada. Magnífico.
Cando viaxo no verán, sempre fóra do país (condición indispensable para que a desconexión sexa total) nunca leo a prensa galega (nin sequera pola rede) e cando estou no estranxeiro nin se me ocorre mercar prensa española. Só leo a prensa dos lugares que visito. Ademais de axudarme a unha integración máis rápida no lugar que visito, para min, resulta un sanísimo hábito de desintoxicación psicolóxica. A miña ruptura coa cotianidade é absoluta. E aprezo moitísimo ese illamento, que me revitaliza. Agora, de regreso.
Benvido.
ResponderEliminarHome, está ben. Eu marchei á aldea da miña muller, e que lle queres? Alí nin hai prensa, nin televisión (non hai decodificador da TDT)nin conexión a internet que valla, e por non haber non hai nin bar onde botar a partida. E se chego ir á de meu pai, nin veciños hai... Estou intoxicado de medio a medio polo ambiente.
ResponderEliminar