Aínda que eu poida entender que os destinatarios ideais do libro son os de 3º, 4ª ou 5ª de Primaria, non é menos certo que funciona moi ben en Infantil (os proxectos que levou adiante @MestraPrimaria, e que reproduzo a continuación, demóstrano), pero tampouco é menos certo que funciona moi ben en 6ª de Primaria ou mesmo en 1º da ESO (de feito, visitei alumnado deste curso que o leron e sintonizaron con el nos IES de Valadares, Colexio Mariano, IES de Teis, etc).
«A poesía abre o apetito», vídeo sobre O meu gato é un poeta elaborado por alumnos de 3º de Primaria do CPI Virxe da Saleta en marzo de 2012 (César A., César B., Adrián, Clara, Gabriel, Sara, Alicia, José Manuel, Rocío, Belén e Xiana), co profesor Martiño Ramos.
A Poesía abre o apetito para comer from cpivirxedasaleta on Vimeo.
En calquera caso, eu non podo máis que estar agradecido aos fermosos materiais e recursos didácticos que o profesorado está a crear, cos rapaces e rapazas, a partir de O meu gato é un poeta. Un deses recursos é a ficha didáctica elaborada polo Club de Lectura Compatida do CPI do Rosal (descargar) onde estiven de visita esta semana pasada.
Outro recurso co que tamén me agasallaron esta semana foi o vídeo que elaboraron no CPI Virxe da Saleta de Cea (os mesmos que fixeron aquel fermoso vídeo de «A lingua sabe a pan»). E, moi nomeadamente, os traballos que está a levar a cabo a profesora Ana Mariño (@MestraPrimaria), que o ano pasado traballou en Educación Infantil co poema MIAU de «O meu gato é un poeta» e mesmo elaborou unha páxina para presentar no Encuentro de Buenas Prácticas TIC, celebrado no CITA da Fundación Germán Sánchez Ruipérez; e este ano traballa co libro cos seus alumnos de Primaria en Salvaterra de Miño.
Os trabalinguas de O meu gato é un poeta nun vídeo elaborado polo alumnado do C.E.P. Sequelo de Marín durante o curso 2011-2012, co profesor Xosé Pazos.
Vídeo sobre o poema «Miau» de O meu gato é un poeta, elaborado polo alumnado de infantil do CEIP Infante Felipe de Borbón (Salvaterra de Miño) durante o curso 2010-2011, coa profesora Ana Mariño (@MestraPrimaria).
MANUAL PARA SER POETA, por @MestraPrimaria, on PhotoPeach
Vídeo de Duetto Buffo Di Due Gatti, con Montserrat Caballé e Montserrat Martí, empregado no Club de Lectura do CPI do Rosal como apoio para a lectura de O meu gato é un poeta en 2, 3 e 4º de Primaria no Club Lecturas Compartidas.
Traballando poesías de Fran Alonso, por @MestraPrimaria, on PhotoPeach
Traballando O meu gato é un poeta por @MestraPrimaria, on PhotoPeach
Traballos sobre O meu gato é un poeta, por @MestraPrimaria, on PhotoPeach
Ningún comentario:
Publicar un comentario