8.12.12

Os elefantes aínda non morreron

Hai uns días dei tres charlas en centros de ensino do Condado: no IES Pedras Rubias de Salceda e no IES Pedra da Auga de Ponteareas, sobre o meu libro Cemiterio de elefantes, que dezaoito anos despois da súa publicación continúa vivísimo, e no IES de Salvaterra, onde fixen unha intervención poética arredor da miña antoloxía Poetízate. A fin de semana anterior estiven nunhas interesantes Xornadas de Igualdade do Concello do Grove falando dos personaxes femininos en A punta de pistola (e tamén de Cartas de amor, que está todo protagonizado por mulleres).
Reproduzo un vídeo que fixeron os rapaces e rapazas do IES Pedras Rubias, de Salceda, con diferentes propostas de portada para Cemiterio de elefantes. Recomendo velo porque, desde logo, humor non lles falta. Parabéns!


Ningún comentario:

Publicar un comentario