Amosando publicacións coa etiqueta Nicaragua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nicaragua. Amosar todas as publicacións

2.4.11

Wikileaks e a revolución sandinista

@s que, hai moitos anos, nos emocionamos lendo a Omar Cabezas (a quen, por certo, hai tres anos tiven a oportunidade de coñecer e falar con el en Cuba), e lembramos con emoción a lectura da súa mítica novela La montaña es algo máis que una inmensa estepa verde, a información de wikileaks que revela hoxe El País, máis abaixo da renuncia de Zapatero, é unha inmensa puñalada á utopía. E non porque o soubésemos, e de xeito reiterado, desde hai anos, fai menos dano. ¿Que queda da memoria dos guerrilleiros que morreron contra Somoza nos 70 nas montañas de Nicaragua? Outra revolución polo retrete.




En Nicaragua, decembro 1998 / xaneiro 1999




















Cando escribín Cartas de amor intentei, nuns dos relatos, inspirarme na historia desta muller, icona da revolución sandinista, que chegou a min de forma moi directa, pero non fun capaz. Foi o meu gran fracaso literario persoal dese libro.

4.2.09

Revolución emocional

Abril de 1983, os meus 20 anos aínda non cumpridos. Nicaragua, revolución emocional e sentimental. Anos máis tarde, metéuseme en Subversións (2001).









Con todo, e por desgraza, a revolución sandinista rematou así:

12.1.04

Posrevolución

Mariana Ortega, filla de Humberto Ortega, ex comandante en xefe do Exército Popular Sandinista, e sobriña de Daniel Ortega, ex presidente do goberno, é unha das candidatas ao título de Miss Nicaragua deste ano. Hai que recoñecer que @s fill@s dos dirixentes revolucionarios sandinistas están a tomar a vida con moita máis alegría e desenfado que os seus proxenitores.

E o poeta Ernesto Cardenal sorrí amargamente.