@s que, hai moitos anos, nos
emocionamos lendo a
Omar Cabezas (a quen, por certo, hai tres anos tiven a oportunidade de coñecer e falar con el en Cuba), e lembramos con emoción a lectura da súa mítica novela
La montaña es algo máis que una inmensa estepa verde, a
información de
wikileaks que revela
hoxe El País, máis abaixo da renuncia de Zapatero, é unha inmensa puñalada á utopía. E
non porque o soubésemos, e
de xeito reiterado, desde
hai anos, fai menos dano. ¿Que queda da memoria dos guerrilleiros que morreron contra Somoza nos 70 nas montañas de Nicaragua? Outra revolución polo retrete.
En Nicaragua, decembro 1998 / xaneiro 1999
Cando escribín
Cartas de amor intentei, nuns dos relatos, inspirarme na historia desta muller, icona da revolución sandinista, que chegou a min de forma moi directa, pero non fun capaz. Foi o meu gran fracaso literario persoal dese libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario