Amosando publicacións coa etiqueta Telefónica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Telefónica. Amosar todas as publicacións

22.11.06

Desde un cíber

Estou nun cíber perto de Compostela, aproveitando un tempo baleiro entre dúas citas, á espera da seguinte. Levo unha semana (comezou o mércores pasado) sen poder entrar na rede desde a miña casa, no Val Miñor, malia que lle pago relixiosamente o adsl a Telefónica e a factura da luz a Fenosa. Alguén misericordioso e invisible concedeume dous pequenos intermedios de dez minutos (prométovolo, non duraron máis) que me permitiron baixar o correo electrónico. Paradoxalmente, o xoves e o venres pasado estiven todo o día escoitando falar do avance das novas tecnoloxías e eu, na Galicia máis poboada, rural pero metropolitana, estou constantemente sen acceso á rede. Nin sequera o truco de conectar o módem a unha pila me da xa resultado. ¿Esta é a Galicia que debe avanzar? ¿Hai alguén que poida responderme?
(Prometo volver en canto poida).

23.11.05

O texto anterior

No meu texto anterior reproduzo a miña columna de contraportada de A Nosa Terra desta semana (que non se pode ler na rede). Non adoito reproducir aquí artigos publicados noutros lugares, pero fágoo polo interese do tema para Cabrafanada. Fronte a esa realidade, a outra, miña: cada publicación dun pequeno texto no blog cústame unha eternidade de tempo, xa que o meu ADSL non funciona por culpa de Telefónica ou de Fenosa, que non o sei, pois reponsabilízanse mutuamente a unha á outra. E volvendo ao tema do marqueting na rede, o autor do libro do que falaba chega a cuestionar, cara un futuro próximo, a primacía da publicidade na televisión, argumentando que os nenos americanos xa pasan máis horas en internet que diante do televisor e que, ademais, está avanzando un tipo de gravadoras para TV que detectan a publicidade e suprímena.

30.4.05

Día Histórico

Hoxe é un día histórico para Cabrafanada. Logo de que este cosmocaderno nacese amarrado ao cable, tras pasar unha época de obrigado silencio, e outra, recente, de auténtico martirio, Cabrafanada asomou por fin a súa cabeza ás tuberías do ADSL. E iso, a pesar de que non puido contar coa axuda dos torpes directivos de Telefónica, que lles din aos seus técnicos que os Mac producen alerxias irreversibles.
Como dixo Tarradellas, Ja soc aqui.

10.3.05

Animado panorama

Desde que a miña ausencia é unha constante (intermitente), o panorama dos blos animouse intensamente. Agora atopo un feixe de amigas e amigos na rede. Mesmo reaparecen os desaparecidos, coma voces vidas de ultratumba (¿cando ves tomar un café, colega?). Por certo, tamén souben que os de Halloscan me suprimiron todos os comentarios lendo o clásico dos clásicos, Todo Nada, como di un compañeiro referíndose o espacio de referencia que ocupa no blogmillo, o blog de «Polanco». Supuxen que o da desaparición dos comentarios tamén me pasara a min e vin comprobalo. Efectivamente, desapareceron os comentarios. Laméntoo. Por desgraza, a miña conexión a Internet da casa aínda é precaria (lenta coma a Idade de Pedra) para normalizar a miña relación cabrafanádica. Por se fose pouco, véxome obrigado a renunciar ao cable e a acollerme ao maldito adsl, para o que os torpes de Telefónica non garanten a instalación en Mac. ¡Vaia empresa punteira e innovadora!