26.10.08

As vibracións da biblioteca do Mestres Goldar

O pasado venres, Día das Bibliotecas, dei unha charla no CEIP Mestres Goldar (Castrelos, Vigo), como parte dos actos da inauguración da biblioteca escolar do centro, unha activa biblioteca que se renova e amplía para darlle cabida ás orixinais iniciativas do rato Mik. Nesa biblioteca, que produce unhas excelentes vibracións –como todo o centro– ás persoas que a visitamos, os nenos e nenas tamén teñen moito que contar. Aquí, por exemplo, están algunhas das súas creacións. Moitos parabéns ao seu equipo de biblioteca.
A visita permmitiume, ademais, reecontrarme cunha amiga despois de 20 anos.

Ningún comentario: