Na biblioteca do IES Fontem Albei da Fonsagrada fixeron este estupendo vídeo dirixido á formación de usuarios, que dá conta das posibilidades que ofrece a biblioteca e da súa súa clasificación e catalogación por materias. Un xeito didáctico, lúdico e festivo de explicar a C.D.U. coa implicación de toda a comunidade educativa do centro. Parabéns.
Amosando publicacións coa etiqueta bibliotecas escolares b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta bibliotecas escolares b>. Amosar todas as publicacións
26.10.08
As vibracións da biblioteca do Mestres Goldar
O pasado venres, Día das Bibliotecas, dei unha charla no CEIP Mestres Goldar (Castrelos, Vigo), como parte dos actos da inauguración da biblioteca escolar do centro, unha activa biblioteca que se renova e amplía para darlle cabida ás orixinais iniciativas do rato Mik. Nesa biblioteca, que produce unhas excelentes vibracións –como todo o centro– ás persoas que a visitamos, os nenos e nenas tamén teñen moito que contar. Aquí, por exemplo, están algunhas das súas creacións. Moitos parabéns ao seu equipo de biblioteca.
A visita permmitiume, ademais, reecontrarme cunha amiga despois de 20 anos.
A visita permmitiume, ademais, reecontrarme cunha amiga despois de 20 anos.
4.7.07
A lectura de imaxes
O blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares descúbrenos este fermosísimo vídeo de Amnistía Internacional.
19.6.07
Falar por falar
Levo toda a fin de semana sen acceso á rede, igual que, polo que eu sei, unha boa parte dos usuarios de Gondomar. Supoño que o mal tempo tivo algo que ver, porque a chuvia sempre pon nervioso o meu adsl. As novas tecnoloxías e a chuvia galega deben ser incompatibles. Desde logo, hoxe na autoestrada había moitísimo vento. Esta mañá tiven que desprazarme e puiden comprobalo ao volante. Participei no derradeiro acto cultural en que estou involucrado durante este curso nun centro de ensino. Foi no IES Pintor Comeiro, de Silleda, onde desde a biblioteca organizaron unha mesa redonda baixo o lema ¿Malos tempos para a lírica? Moderada por Carlos Lema, participamos Oriana Méndez, Diego Ameixeiras, María do Cebreiro, Celso F. Sanmartín, Miro Villar e mais eu. Os rapaces traballaron no ámbito da poesía a partir de Poetízate.
Ademais, acaban de chegarme do CPI José García García, en Mende, no concello de Ourense, as fotos do acto en que participei no pasado mes de maio inaugurando unha aula co meu nome (a aula de francés). Ese día tamén inauguraron cadansúa aula O Carrabouxo, Marta Dacosta, así como dous profesores do centro (Adán e Uxío), un deles xa xubilado.
Por certo, un dos encontros máis entrañables que tiven ultimamente foi unha estupenda charla en miniatura, todo un desafío para captar a atención dos oíntes. O desafío só é comparable á sobrecolledora charla que impartín hai anos, a instancias dunha amiga, nunha residencia de anciáns de Vilanova de Arousa.

Labels:
bibliotecas escolares,
Centros de ensino,
Charlas
12.6.07
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)