Cando viaxo sempre visito as librerías. Para min é coma se fosen catedrais. Mesmo máis, porque nelas podes advertir unha interpretación sociolóxica e actual do seu entorno. E as librerías din moito da sociedade en que están ubicadas. Pero tamén din outras cousas. Falan, por exemplo, da importancia que ten a distribución. Cando viaxas por España, por exemplo, descubres múltiples pequenas editoras con inusitada presenza que descoñecías. E autores ou autoras moi lidos e pouco coñecidos nas túas librerías habituais. E esa é outra das razóns polas que nunca deixo de visitalas: para os profesionais do libro e da escrita, sempre son fonte de coñecemento. Cada librería é un xigantesco e engaiolante universo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario